Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Antropoloxía: Antropoloxía das prácticas de tradución e interpretación
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Dado que nas sesións maxistrais se lles ofrecerán ós alumnos e alumnas os conceptos e as ferramentas de traballo básicos, a avaliación destes contidos farase tanto a través dos exames escritos como dos outros tipos de probas contemplados nesta guía como, por exemplo, comentarios de artigos previamente seleccionados. No caso dos comentarios de artigos, estes redactaranse en función de normas que se explicarán en sesión maxistral. A bibliografía obrigatoria estará dispoñible na plataforma de ensino a distancia ó comezo do semestre. A bibliografía poderá estar en varias linguas, aínda que se procurará garantir a igualdade de oportunidades de acceso ós contidos entre idiomas I. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Presentaránselles ós estudantes diferentes tipos de exercicios que fagan referencia ós contidos desenvolvidos nos temas. Poderán ser exercicios de tradución, pero tamén outros como: emisión de facturas, redacción de encargas, elaboración de informes, análise de traducións e doutros tipos de textos, etc. 35
Foros de discusión A participación nos foros de discusión ten carácter obrigatorio. Preténdese que cada estudante reflexione e participe con intervencións no intercambio de interpretacións sobre o tema de aprendizaxe, e que participe neles dentro dos prazos sinalados. 15
Estudo de casos/análise de situacións No estudo de casos presentaránselles ós estudantes simulacros de situacións reais nas que terán que analizar as circunstancias concretas e tomar decisións ou analizar as decisións tomadas por outros. Tamén se lle poderá solicitar ao alumnado que adapte a simulación presentada nas aulas a unha determinada práctica da tradución.
Na avaliación terase en conta non só o resultado do estudo senón tamén a metodoloxía e os criterios de análise empregados.
15
Traballos e proxectos Os alumnos poderán elixir un tema de traballo co cal demostrar que entenderon, asimilaron e saben empregar os conceptos e ferramentas presentados ó longo do curso. É dicir, terán que demostrar (dunha forma máis autónoma ca noutras actividades) que adquiriron e dominan as competencias da materia. 15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para podérense acoller á avaliación continua os alumnos deberán asisitir a un mínimo do 80% das clases e realizar polo menos o 80% das actividades propostas.

No caso de non optar pola avaliación contínua, os alumnos farán un exame final na derradeira sesión de clase do cuadrimestre: 24 de abril para os grupos combinados e 23 de abril para os grupos comúns. Haberá que realizar obrigatoriamente as dúas partes.
Na convocatoria de xullo os alumnos farán un exame final na data fixada pola facultade. O exame constará dunha parte teórica (50%) e outra práctica (50%). Haberá que realizar obrigatoriamente as dúas partes.

A presencialidade enténdese dentro e fóra das aulas. A avaliación das actividades de carácter non presencial concirne principalmente a participación nos foros de discusión, ó longo dos cales o estudantado deberá entregar, dentro dos prazos acordados, comentarios sobre os temas dos contidos, así como informes de lectura de documentos previamente propostos. A avaliación destes traballos farase consonte os criterios de corrección e adecuación aos contidos do curso que se empregarán na avaliación das actividades presenciais.

A avaliación contínua da parte común (grupos A) farase atendendo ó seguinte calendario: 

1. Proba 1 sobre as unidades 1, 2 e 3, que consiste nun traballo. O enunciado darase o 21 de marzo, con prazo de entrega o 28 de marzo. O 4 de abril comentaras en clase esta proba. 

2. Proba 2 sobre as unidades 4, 5,  6 e 7, que consiste nun traballo. O enunciado darase via  faitic o 22 de abril, con prazo de entrega o 2 de maio.

A avaliación contínua da parte combinada (Grupos C) incluirá un exame que se celebrará o derradeiro día de clase do cuadrimestre (24 de abril).

No que atinxe ás segundas convocatorias e seguintes, o protocolo de proba será o mesmo, polo que as convocatorias se resolverán de idéntica maneira.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000