Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Antropoloxía: Antropoloxía das prácticas de tradución e interpretación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral O docente dunha sesión maxistral non é o único que intervén, pois este formato está aberto ao diálogo e ás preguntas do alumnado. O docente explicará coa maior claridade os conceptos cos que se pretende traballar así como a metodoloxía a seguir. Ofrecerase un coñecemento progresivo dos contidos da materia, amecéndoos con referencia ás sesións anteriores e ás que están por vir.
A asistencia ás sesións maxistrais é requisito para a avaliación continua.
Resolución de problemas e/ou exercicios A sesión de resolución de exercicios refírese a dúas modalidades: exercicios de tradución, estreitamente coordinados polo profesor, nos que a énfase irá posta nas etapas iniciais do proceso; e exercicios de sensibilización sobre temas diversos da antropoloxía das prácticas, nos que se lle pedirá ao alumnado que aplique o aprendido, nesta e nas demais materias. Os exercicios de tradución ou interpretación reproducirán situacións iniciais dunha encarga no medio profesional. Os exercicios de sensibilización irán vinculados aos aspectos teóricos explicados en sesións maxistrais. Deste xeito, enténdese que as sesións de resolución de exercicios conteñen unha dimensión teórica esencial, que será explicada polo docente aproveitando o contexto de cada exercicio.
A asistencia ás sesións de resolución de exercicios é requisito para a avaliación continua.
Foros de discusión A participación nos foros de discusión ten carácter avaliador. Preténdese que cada
estudante reflexione e participe con intervencións escritas sobre cada tema proposto polo docente ou por calquera membro do foro.
Debates A partir de cada parte temática, e sempre vinculados coas lecturas a disposición en FAITIC, a clase vólvese participativa arredor dun debate, que suscitará a opinión do alumnado. As conclusións do debate, enunciadas ao remate de cada sesión polo profesor, poderán ser empregadas para construír argumentos nos informes dos foros de discusión.
A asistencia aos debates é requisito para a avaliación continua.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000