Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Antropoloxía: Antropoloxía das prácticas de tradución e interpretación
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2019_20
Materia Antropoloxía: Antropoloxía das prácticas de tradución e interpretación Código V01G230V01209
Titulacion
Grao en Tradución e Interpretación
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 FB 1 2c
Lingua impartición
Castelán
Francés
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Tradución e lingüística
Coordinador/a
Fernández Ocampo, Anxo
Correo-e valquente@gmail.com
Profesorado
Álvarez Lugrís, Alberto
Fernández Ocampo, Anxo
Web
Descrición xeral O alumnado cursa esta materia en dous grupos diferentes.
Nun deles, chamado grupo común, abórdase o estudo das prácticas de tradución e interpretación de maneira transversal, dende supostos antropolóxicos e mediante a observación e reprodución de fenómenos reais. Esta parte introduce a unha antropoloxía da persoa mediadora, tradutora e intérprete, e tamén aos modos de construción das relacións entre grupos humanos mediante procesos de transferencia e tradución.
No outro, chamado combinado, cada estudante estará nun grupo que corresponda co seu idioma I, para o cal se recomenda ter unha competencia de nivel B2 do MCER. Proporanse nel sesións participativas nas que se responderá a encargas de tradución para experimentar estratexias, reflexionarase sobre as normas actuais da profesión e aplicaranse nocións teóricas de TI a contextos reais. O alumnado afianzará o seu manexo das ferramentas informáticas para abordar os aspectos esenciais dos procesos de tradución e da xestión de proxectos, como son a análise textual, as correspondencias entre idioma I e lingua A, a ortotipografía, o emprego de dicionarios e fontes documentais, etc. Non é preciso que as traducións realizadas polo alumnado acaden a calidade final esixida nos niveis superiores do grao de tradución e interpretación.

No seu conxunto, a materia trata de ofrecer un panorama da profesión e do rol dos seus protagonistas, situando o ser humano no centro da actividade e do estudo da disciplina. Considérase ademais que o tema de estudo non só é o texto traducido, escrito ou oral, senón calquera outro obxecto cuxa función dependa dun suposto de transferencia. Téntase familiarizar o alumnado co ámbito profesional, orientando circunstancias da súa vida persoal cara a aprendizaxe dese universo, dando a coñecer o valor do tempo de traballo, comprendendo a necesaria relación entre profesional e erro, evitando os principais erros metodolóxicos nos procesos de tradución, predispoñendo a recoñecer mercados e oportunidades de traballo e comprendendo o funcionamento das cadeas de actores mediadores nesas actividades.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000