Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Antropoloxía: Antropoloxía das prácticas de tradución e interpretación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Presentaráselle ó alumnado diferentes tipos de exercicios que fagan referencia ós contidos desenvolvidos nos temas. Poderán ser exercicios de tradución, pero tamén outros como: emisión de facturas, redacción de encargas, elaboración de informes, análise de traducións e doutros tipos de textos etc. 40 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C3
C4
C10
C12
C17
C21
C22
C24
C27
D1
D4
D6
D7
D8
D9
D14
D19
Presentación De xeito individual ou por grupos, o alumnado iníciase no coñecemento de temas vinculados ós contidos do curso e elabora unha presentación conforme as orientacións e a metodoloxía facilitadas polo docente. Cada presentación será accesible para todos os grupos ou unicamente para o docente, en función da diversidade temática e do número de presentacións programadas. 30 A2
A3
C2
C10
C24
D8
D9
Estudo de casos Preséntaselle ó alumnado unha situación real de tradución ou de interpretación ante a cal deberá de tomar unha serie de decisións sobre como realizar a encarga e solucionar as dificultades que presenta. 20 A2
A4
A5
C10
C17
C27
D4
D6
D7
D8
D9
D19
Foros de discusión A partir de contidos vistos na aula e de lecturas suscitadas polo programa da materia, o equipo docente dinamizará un intercambio de reflexións en soportes telemáticos. Avaliarase a frecuencia e o esforzo postos en contribuír en cada foro. 10 A4
C2
C3
C17
C27
D6
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Tanto na modalidade de avaliación continua como na modalidade de avaliación única os distintos exercicios e exames poderán realizarse a través da plataforma de teledocencia Moovi (https://moovi.uvigo.gal/) ou da plataforma de exames BeA (https://bea.det.uvigo.es).

AVALIACIÓN CONTINUA

Quen se acolle ó réxime de avaliación continua?

Para beneficiarse do réxime de avaliación continua será preciso ter como mínimo un 80 % de presencialidade, responder activamente ás tarefas individuais e colectivas que suxira o equipo docente ó longo do curso e entregar todos os traballos das probas dentro dos prazos correspondentes. Se por circunstancias xustificadas, por exemplo laborais ou de saúde, non é posible cumprir co requisito da presencialidade, o equipo docente tratará de propoñer estratexias de aprendizaxe alternativas.

O módulo común avalíase mediante 

- unha presentación (30 %) 
- unha proba escrita sobre un estudo de casos (15 %)
- a actividade en foros de discusión (5 %)

O módulo combinado avalíase de maneira diferente en función do idioma. 

O módulo combinado de inglés valora:
- competencias demostradas en estudos de casos (5 %) 
- actividade nos foros de discusión (5 %) 
- exame final de resolución de problemas (40 %)

O módulo combinado de francés avalíase con dúas probas: 
- unha primeira proba non presencial de resolución de problemas (20 %)
- unha segunda proba non presencial de resolución de problemas (30 %)


CONVOCATORIA ÚNICA 

As convocatorias únicas de maio-xuño e de xuño-xullo de 2024 consistirán en dúas probas, unha delas non presencial para o módulo común e outra presencial para o módulo combinado, inglés e francés. O módulo común avaliarase mediante un exercicio de estudo de casos (50 % da nota final). O prazo de entrega desa proba comunicarase o día da data do exame de convocatoria única. O módulo combinado avaliarase mediante un exame de resolución de problemas (50 % da nota final).

 

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000