Actividades introdutorias |
As primeiras sesións están dirixidas a coñecer o grao de coñecemento que ten o alumnado, cales son os seus intereses e expectativas, que obxectivos pretenden alcanzar, etc. Para iso realízanse algúns exercicios que teñen como obxecto reflectir o coñecemento da lingua e espertar o seu interese. |
Lección maxistral |
Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos xerais da materia co obxectivo de comunicar coñecementos e metodoloxías de análises. As explicacións estarán ordenadas e ben estruturadas e contarán con exemplos claros que aseguren a comprensión dos contidos. Ocasionalmente poderán estar apoiadas por presentacións. |
Presentación |
Actividade práctica. A profesora da materia dará unhas indicacións xerais sobre a forma idónea de realizar unha presentación oral. A partir destas explicacións esta liña metodolóxica irá orientada ao estudantado. O obxectivo final é que o estudantado realice unha presentación de forma individual, na que quede reflectida a metodoloxía apresa en clase. |