Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Ámbitos literarios I: Primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Análise e comentario de textos. Intercambio de ideas sobre dita análise, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, e amosando actitudes de tolerancia tal como se expón nas competencias da materia. Avaliarase a participación activa na aula.
20 A2
A4
B6
B7
Exame de preguntas de desenvolvemento 2 exames escritos sobre os contidos da materia, con preguntas de desenvolvemento e comentario de textos. Un despois de rematar o tema 3 (alrededor da octava semana, en data a notificar a principios do cuadrimestre), e outro despois de rematar a unidade 5 (na última semana de clases, en data a notificar a principios do cuadrimestre). Cada exame contará un 40% da nota final, se son aprobados. 80 A2
A4
B6
B7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Avaliación continua.

O antedito sistema de avaliación está deseñado para o alumnado que asista regularmente ás clases.  O profesor informará das datas dos exames ao comezo do cuadrimestre. Serán sempre en horario de clase. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa claridade e corrección lingüística. Farase a media a partir dunha nota mínima de 5 puntos sobre 10. No que respecta á participación activa na aula, terase en conta o interese amosado durante as clases, o contido e corrección lingüística na resposta ás preguntas do profesor, e os comentarios e preguntas que se fagan durante as explicacións, análises de textos, debates e outras actividades que teñan lugar na aula.

Avaliación única

Aquelas persoas que, excepcionalmente e por algunha causa xustificada, non poidan asistir con regularidade ás sesións presenciais, deberán comunicarllo ao profesor da materia ao principio do cuadrimestre. Este alumnado deberá facer o exame final na data establecida no calendario oficial, por un valor de 100% da nota final. 

Segunda edición de actas (xullo)

Para a segunda edición de actas, o alumnado que non aprobe terá que facer un novo exame o día e hora que marque o calendario oficial ao efecto.

---

Importante: A copia ou plaxio total ou parcial en calquera exame ou exercicio de avaliación suporá un suspenso da materia na súa totalidade.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000