Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Terceiro idioma estranxeiro I: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Presentación de traballos individuais ou en grupos sobre temas gramaticais diversos a partir de textos de cultura lusófona. Estes traballos poderán ter unha frecuencia semanal. 30 A1
A2
A3
B1
B9
Práctica de laboratorio Exercicios orais de comprensión, expresión e fonética.
Haberá unha proba oral individual.
30 A4
B1
B9
Exame de preguntas de desenvolvemento Unha proba escrita sobre os contidos teórico-prácticos e de civilización lusófona vistos durante o curso.
O alumnado de avaliación única debe tamén estar presente no día do exame.
40 A3
B6
B9
B10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As/Os estudantes deberán escoller, de forma obrigatoria nas primeiras dúas semanas do cuadrimestre en cuestión, entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf.

supra

a descrición en "Avaliación") ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar polo primeiro.

Avaliación continua

Dado que se trata do ensino dunha lingua estranxeira, é moi recomendábel asistir con regularidade ás aulas. Quen non teña posibilidade de asistir debe comunicalo ao profesorado. En todo caso, a non realización de probas ou exercicios parciais previstos polo sistema de avaliación continua (cf. supra a descrición en "Avaliación") suporá a obtención dunha cualificación de 0 (cero) puntos nesta.

A data do último exame de avaliación continua coincidirá coa data do exame de avaliación única recollida no calendario oficial da FFT.

O exame oral terá lugar no mesmo día nunha sala contigua. Esta proba será gravada en formato audio e a participación nela suporá o consentimento da gravación.

É preciso aprobar ambas as probas (escrita e oral) para superar a materia. Non se realizará media de non ser así.

Avaliación única

A avaliación única consiste dunha proba escrita seguida doutra proba oral que se realizarán no mesmo día en salas de aula contiguas. A data e hora dos exames (escrito e oral) é a recollida no calendario oficial de exames da FFT. É preciso aprobar ambas as probas (escrita e oral) para superar a materia. En caso de suspenso, haberá que recuperar ambas as probas na convocatoria de xullo.

A avaliación única valorarase da seguinte forma:

1. Proba escrita teórico-práctica: 75% da nota final. 2. Proba oral: 25% da nota final. Esta proba será gravada en formato audio e a participación nela suporá o consentimento da gravación.

É preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para aprobar a materia.

A non presentación a unha das probas sen xustificante suporá a obtención nela dunha cualificación de 0 (cero) puntos.

A copia ou o plaxio nos respectivos exames das avaliacións continua ou única serán penalizados cun suspenso (nota numérica: 0) nestas. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Segunda edición das actas

A avaliación consiste nunha proba escrita seguida doutra proba oral que se realizarán no mesmo día. A data e hora dos exames (escrito e oral) é a recollida no calendario oficial da FFT para os exames de xullo.

Os mesmos criterios da avaliación única aplicaranse na segunda edición das actas (xullo). Gravarase a proba oral.

No caso particular do alumnado de avaliación continua que non superase a materia na primeira convocatoria e tiver que acudir á segunda edición das actas, este terá que examinarse exclusivamente da parte ou partes que teñan suspensas (exame oral e/ou escrito). O alumnado de avaliación única terá que examinarse de toda a materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000