Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Morfosintaxe do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Durante as leccións maxistrais avaliarase a participación do alumnado, amosando o seu estudo previo (visionado de vídeos e lectura de bibliografía) e a súa capacidade para relacionar os contidos que se están a impartir con outras materias, coñecementos previos e a súa experiencia como falante 20
Presentación Unha ou dúas presentacións en grupos pequenos sobre temas dados na clase con apoio de bibliografía, medios audiovisuais e participación do resto do alumnado.

Inclúese nesta apartado a participación do resto do alumnado na presentación
35
Foros de discusión Participación pautada pola docente en 'foros' de Moovi. Principalmente se pedirá que o alumnado suba preguntas e comentrios sobre lecturas e vídeos vistos de modo autónomo. 15
Aprendizaxe baseado en proxectos Unha parte do alumnado participará, en colaboración con alumnado da Universidade de Leiden e de FAGE, no proxecto Virtual International Collaboration Project. A outra parte do alumnado agruparase para levar a cabo un proxecto semellante. Ambos os dous proxectos serán minuciosamente explicados e guiados polo profesorado.
O resultado final será un breve deseño do proxecto e un vídeo clip (knowledge clip) conxunto.
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS 


A1) Avaliación continua 

A avaliación da materia será continua por defecto. 
Unicamente en casos xustificados, o alumnado poderá acollerse á
avaliación única, sempre que llo comunique ao profesorado da materia dentro das dúas primeiras semanas de clase. 

A realización dunha ou varias das probas parciais implica a aceptación do sistema de avaliación continua por parte do
alumnado. Xa non poderá presentarse a avaliación única.

O alumnado avaliado mediante o sistema de avaliación continua non poderá presentarse ao exame final e a súa
nota da primeira edición de actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas realizadas durante o curso. 

A asistencia ás clases non é obrigatoria, pero si é obrigatorio realizar todas as probas previstas na avaliación, a maioría das cales teñen lugar na aula. De non realizalas, non se fará a media aritmética entre as partes e a/o estudante obterá un suspenso. Xa que logo, deberá
presentarse á proba escrita na segunda edición de actas.

As datas para todas as probas obxecto de avaliación determinaranse coa debida
antelación e serán anunciadas na aula. 

Probas de avaliación:

1) Participación en todas as actividades da clase, individualmente e en grupos - 20%
2) Presentación(s) en grupos de 3-4 estudantes - 35%
3) Participación en foros de discusión de MooVi - 15%
4) Proxecto - 30%

Para aprobar a materia é requisito indispensable obter unha cualificación individual de polo menos 5 en cada unha das catro probas de avaliación. De non cumprirse este requisito, aínda que a media aritmética das catro probas sexa 5 ou superior, a/o alumna/o non superará a materia e deberá presentarse á proba escrita na segunda edición de actas. Cando a media das catro probas sexa superior a 5 pero algunha das partes teña unha nota inferior a 5, a cualificación da acta será de 4 (Suspenso).


A2) Avaliación única 

O alumnado que non realice a avaliación continua será avaliado mediante unha proba escrita que terá lugar no calendario de exames aprobado na Xunta de Facultade. Esta proba abranguerá todos os contidos impartidos na aula e as lecturas e vídeos obrigatorios. 


B) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

O alumnado que non supere a materia na primeira edición de actas poderase presentar en xuño/xullo para a segunda edición de actas.

A avaliación consistirá nunha proba escrita que abranguerá todos os contidos impartidos na aula e as lecturas e vídeos obrigatorios. 

OBSERVACIÓNS PARA TODAS AS PROBAS:

*A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística e estilística. De non ser así, a proba de avaliación pode resultar nun suspenso

*En calquera das probas, a copia ou plaxio total ou parcial suporá un suspenso directo da materia na súa totalidade. Alegar
descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade.

*É responsabilidade do alumnado estar ao tanto das datas nas que teñen lugar as probas de avaliación. 

IMPORTANT INFORMATION FOR EXCHANGE STUDENTS

Students must be aware that no alternative date to the official resit exam dates will be provided, so it is their responsibility to remain in Vigo until the official exam date in June/July.


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000