Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo idioma estranxeiro V: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Avaliaranse as contribucións ás solucións de exercicios orais e escritos sobre temas diversos (gramática, léxico, pragmática e cultura lusófona), e que requiren unha preparación previa por parte do alumnado. Ao longo das primeiras semanas do cuadrimestre realizarase obrigatoriamente un test diagnóstico relacionado cos contidos de Segundo Idioma Estranxeiro IV: Portugués. 20 A3
A4
B5
B8
Estudo de casos Avaliaranse as contribucións ás solucións de exercicios e análises específicas de textos e temas de debate, realizados ao longo do curso e que requiren unha preparación previa por parte do alumnado, xunto coa participación nas aulas e demais actividades. 20 A3
A4
B5
B8
B10
Traballo tutelado Avaliarase un traballo escrito breve (con introdución, parte principal, conclusión e bibliografía, seguindo as normas de estilo e referenciación bibliográfica indicadas para o TFG). Un primeiro borrador enviarase ao profesor en formato Open Office ou Word na primeira semana de decembro. A entrega da versión definitiva realizarase na segunda semana de xaneiro do ano seguinte. 20 A3
A4
B5
B8
B10
Presentación Cada estudante realizará unha exposición oral de aprox. 15-20 minutos sobre un tema acordado co profesor segundo as normas que se indicarán no inicio do curso. 20 A3
A4
B5
B8
B10
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba escrita sobre os contidos teórico-prácticos vistos durante o curso, segundo o nivel C1 do Quadro Europeu Comum de Referência para as Línguas. A data do exame coincidirá coa data do exame de avaliación única recollida no calendario oficial da FFT.

20 A3
A4
B5
B8
B10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Pautas xerais

As/os estudantes deberán escoller, de
forma obrigatoria nas primeiras dúas semanas do cuadrimestre en cuestión, entre
dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra a descrición
en "Avaliación") ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar polo
primeiro.

A copia ou o plaxio en calquera das
probas das avaliacións
continua ou única poderá motivar a solicitude de apertura dun expediente
sancionador, nas dúas edicións das actas. Alegar descoñecemento do que
supón plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade nese
aspecto.

 Avaliación continua

Para superar a materia, será preciso entregar
coa regularidade requirida as prácticas de clase e obter unha nota mínima de cinco (sobre dez) en todas as partes de
avaliación. De non acadar a
nota de cinco nalgunha destas formas de avaliación, non se realizará media.

A non realización de probas ou exercicios
parciais previstos polo sistema de avaliación continua (cf. supra a
descrición en "Avaliación") suporá a obtención dunha cualificación de 0 (cero)
puntos nesta.

A data do exame de avaliación
continua coincidirá coa data do exame de avaliación única recollida no
calendario oficial da FFT.

O exame oral realízase inmediatamente despois de rematado o exame escrito.

 Avaliación única

Para superar a materia, será preciso
superar cunha nota mínima de cinco (sobre 10) as dúas probas seguintes:

-Exame oral (40%).

-Exame escrito (60%).

Deberase obter en ambos casos unha
cualificación mínima de 5 puntos (sobre 10) para poder efectuar media.

A data do exame de avaliación única (oral e escrito) será establecido pola FFT e publicado no
seu calendario oficial.

Segunda edición das actas

Os mesmos criterios de avaliación
única aplicaranse na segunda edición das actas (xullo).

O alumnado de avaliación continua que
non supere a materia na primeira convocatoria e teña que acudir á segunda edición
das actas terá que presentarse unicamente á parte que teña suspensa.

En todo caso, recoméndase a asistencia regular ás aulas e ás
titorías e a consulta dos materiais e  informacións
específicas na plataforma Moovi, mesmo que non se siga o sistema de avaliación
continua.

Outros comentarios

- As prácticas de clase e traballos
de aula (estudos de caso etc.) deberán entregarse na semana seguinte á que foron
propostas na aula. 



- Terase en conta non só a pertinencia e calidade das respostas, senón
tamén a súa corrección lingüística. Penalizaranse os erros de
expresión (ortografía, puntuación, incoherencias sintácticas, uso
inadecuado do
léxico etc.).
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000