Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingua e sociedade do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral
Proba final escrita que abarcará todos os contidos tratados ó longo do cuadrimestre.
60
Resolución de problemas e/ou exercicios Participación nas sesións maxistrais e clases prácticas na resolución de problemas teóricos, empíricos ou prácticos. 20
Traballos e proxectos Entrega da versión escrita e presentación oral dun traballo en grupo sobre un tema asignado a principio de curso. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua. A condición para ser avaliado será a
asistencia a un 80% das sesión presenciais (sesión maxistrais e sesión
prácticas de resolución de exercicios).  Se algún
alumno/a non pode cumprir esta condición deberá comunicarllo ó profesorado
argumentadamente ó comenzo do curso. Este alumnado deberá realizar na primeira edición de actas (maio) unha proba final escrita que suporá o 100% da cualificación final. Recoméndase encarecidamente ó alumnado asistir a cantas sesión
presenciais poida mesmo que non acade o 80% requerido.

Para a avaliación continua computarán os seguintes parámetros
obrigatorios (entre parénteses figuran as porcentaxes equivalentes da
calificación final):

(1) Participación activa e lecturas previas, de ser o caso, nas
sesións maxistrais (10%) e seminarios (10%).

(2) Traballo e presentación
(20%): Desenvolvemento oral e escrito en grupos de estudantes (mínimo dous,
máximo tres) dun estudo sobre un tema relacionado cos contidos da materia, que
será asignado ó comezo do curso.

(3) Proba escrita final (60%): Abarcará tódolos contidos teóricos
e prácticos explicados ao longo do cuadrimestre,

Para aprobar a materia é requisito indispensable obter nas probas
(2) e (3) unha calificación mínima de 4 (sobre 10). De non ser o caso, a
materia estaría suspensa aínda que a media aritmética das dúas probas sexa 5 ou
superior.

O alumnado que non supere a avaliación continua na primeira edición de actas (maio) deberá presentarse a unha proba escrita única en xullo.

N.B.: En caso de calquera tipo de plaxio a calificación final será
de suspenso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000