Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Terceiro idioma estranxeiro I: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Valoración continua da participación activa nas actividades lingüísticas e culturais. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Valoración continua dos exercicios do manual. 20
Presentacións/exposicións Valoración da aportación persoal do alumnado á materia. 10
Traballos tutelados Valoración global das tarefas prácticas realizadas fóra da aula e control de contenido lingüístico e cultural. 20
Probas de resposta curta Proba escrita de contido léxico, gramatical e cultural. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
<p>A avaliación e conseguinte cualificación do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas porcentaxes descritas máis arriba. A condición para ser avaliado será a asistencia a un 80% das aulas. O alumnado que xa cursase a materia e non poida cumprir o requisito de asistencia deberá informar a profesora de calquera incidencia a este respecto. Ademais, o alumnado&nbsp;que&nbsp;incumpra&nbsp;estas condicións deberá comunicarllo ó profesorado argumentadamente, coa fin de solventar e cubrir a perda de horas de asistencia e de traballo da maneira que considere axeitada o profesorado&nbsp;en cada caso particular.</p>
<p>O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla avaliación única deberá realizar un exame ó final do cuadrimestre&nbsp;sobre os contidos da materia, e mais un traballo escrito acordado coa profesora responsable da materia. Este alumnado non ten ningunha obriga presencial, aínda que se lle aconsella que asista ás aulas.</p>
<p>SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO): Exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación.</p>
<p>&nbsp;</p>
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000