Nunha materia de inglés instrumental, a asistencia activa ás sesións presenciais constitúe un elemento chave na adquisión de competencias por parte do alumnado, polo que se recomenda a presencia e participación na aula.
Do mesmo xeito, para superar esta materia é necesario o traballo constante do alumnado, tanto nas sesións presenciais como a nível persoal.
Neste curso non haberá libro de texto específico. A profesora poderá entregar materiais durante as sesións presenciais. Os volumes listados na bibliografía serán consultados como complemento aos materiais entregados nas clases, ben por recomendación expresa da profesora (en cuxo caso se indicarán seccións concretas de volumes concretos ao longo do curso), ben por interese ou propia necesidade do alumnado. En todo caso, tódolos materiais cos que se traballe ao longo do curso poderán ser obxecto de avaliación.
Recoméndase a consulta periódica do enderezo de correo e- facilitado para abrir a conta na plataforma TEMA. A profesora poderá facer anuncios a través desta plataforma. |