Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Primeiro idioma estranxeiro VI: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións As competencias orais serán avaliadas por medio de presentacións que terán lugar nas datas sinaladas pola profesora. 35
Outras As competencias gramaticais, de vocabulario, de escoita e de lectura serán avaliadas mediante dúas probas nas datas sinaladas pola profesora. 30
Traballos e proxectos As competencias escritas serán avaliadas por medio dun traballo de natureza académica que será entregado na data sinalada pola profesora. 35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

(1) AVALIACIÓN CONTINUA


O proceso de avaliación arriba descrito será válido para todo o alumnado, que terá que asistir, como mínimo, a un 80% das sesións das que se compón o curso, tanto de tipo maxistral como de tipo práctico. Se algunha alumna ou alumno non pode cumprir con este requisito (80% da asistencia), deberá comunicarllo á profesora argumentadamente.


Cada unha das destrezas da lingua será avaliada mediante probas específicas, tal e como se indica arriba, ao longo do curso.


As datas de entrega de traballos escritos fixaranse no calendario con antelación suficiente. A non entrega dun traballo en tempo e forma puntuará como cero. Non se poderá recuperar dita nota.


O alumnado que non supere a materia mediante a avaliación continua terá que se presentar á convocatoria de xullo (véxase (2)).


O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumno ou alumna da súa responsabilidade.


(2) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (CONVOCATORIA DE XULLO)


O alumnado que non asista ao mínimo de sesións presenciais sinalado en (1) ou suspenda a avaliación continua será avaliado mediante un único exame final no mes de xullo. Este exame computará coma o 100% da nota e constará de cinco partes, correspondentes a gramática e vocabulario (20%), lectura (10%), escrita (30%), escoita (10%) e produción oral (30%).


 


 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000