Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Análise e interpretación literaria de textos do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Competencias de materia
Resultados de aprendizaxe Tipoloxía Competencias
Analizar, interpretar e comentar as obras literarias seleccionadas, establecendo o marco no que se xeraron e analizando, a partir do texto, os trazos sociais, ideolóxicos, históricos e culturais das obras.
saber facer
A3
A13
Visibilizar e pór en valor as aportacións das mulleres á literatura escrita no primeiro idioma estranxeiro nos seus diferentes ámbitos xeográficos, sociais e culturais.
saber
Saber estar / ser
A10
A11
Identificar o papel desenvolvido polas expresións literarias nas relacións entre grupos dominantes e/ou minoritarios.
saber
Saber estar / ser
A2
A10
Coñecer e comprender os procesos relacionados coa creación de textos literarios no primeiro idioma estranxeiro de diversos xéneros e procedentes de diferentes tradicións.
saber
A5
A13
Recoñecer no texto as convencións especiais que operan no ámbito da comunicación literaria. O alumnado ha de identificar e interpretar os elementos propios dun texto literario (tema, acción, personaxes, punto de vista, etc.).
saber
saber facer
A3
A5
Manexar a terminoloxía básica do primeiro idioma estranxeiro empregada no comentario de textos literarios en relación cos xéneros literarios, as figuras de dicción, os trazos estilísticos, os elementos narrativos, etc.
saber
saber facer
A4
Coñecer as tendencias actuais da teoría e da crítica literaria, aplicando algúns dos enfoques críticos actuais á análise de textos literarios no primeiro idioma estranxeiro.
saber
saber facer
A3
B3
Adquirir un sólido método de análise literaria que transcenda a mera aproximación subxectiva e intuitiva aos textos.
saber
saber facer
A8
B5
Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais no primeiro idioma estranxeiro, formulando hipóteses, utilizando unha metodoloxía apropiada para transmitir ideas de maneira eficaz e válida, seguindo as convencións académicas e empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos.
saber facer
A6
A9
A12
B2
Participar en debates e actividades en grupo, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, realizando contrastes críticos e respectuosos con outros axentes da aula e amosando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural nos países da primeira lingua estranxeira, de defensa de dereitos fundamentais, de principios de igualdade e de valores democráticos.
saber
saber facer
Saber estar / ser
A6
A7
A12
B4
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000