Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Análise e interpretación literaria de textos do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Avaliarase a participación e implicación do alumnado nas sesións presenciais (tanto nas sesións maxistrais coma nos seminarios): atención, comentarios e preguntas ao fío das explicacións e resolución de actividades encomendadas. 5
Traballos de aula Avaliarase a participación e implicación do alumnado nas sesións presenciais de prácticas: atención, comentarios e preguntas ao fío das explicacións e resolución de actividades encomendadas. Os exercicios poden, con ou sen previo aviso, ser puntuados pola profesora. 5
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas nas que o alumnado debe realizar exercicios aplicando os coñecementos adquiridos nas aulas e seguindo as instrucións da profesora. Estes exercicios poderanse realizar tanto presencial coma non presencialmente. Avaliaranse tanto as competencias referidas ao coñecemento da cuestión analizada como as relacionadas coa construción de argumentos e a súa expresión escrita correcta. 25
Traballos e proxectos Ensaio individual, dunhas 5 páxinas de extensión, que consistirá no comentario crítico dun texto proposto pola profesora no que o alumnado deberá aplicar os conceptos teóricos estudados nas aulas, empregando o vocabulario específico e a terminoloxía crítica, identificando os recursos formais e aspectos estilísticos relevantes e axeitándose ás normas académicas de elaboración de traballos científicos. O traballo entregarase ao final do cuadrimestre, na derradeira sesión presencial do curso. Na avaliación do traballo teranse en conta tanto as competencias relacionadas cos contidos teóricos coma as relacionadas coa construción de argumentos sólidos e a súa correcta expresión escrita. 15
Outras Exame baseado nos contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos. Celebrarase na data oficial de maio/xuño fixada pola Xunta de Facultade. Avaliarase tanto a adquisición de competencias relacionadas cos contidos teóricos coma a das relacionadas coa construción de argumentos sólidos e a súa correcta expresión escrita. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

1.1. Avaliación continua

Na primeira edición de actas a avaliación será continua, consonte o detallado máis arriba. A
condición para ser avaliada/o será a asistencia a un mínimo do 80% das aulas.
É obrigatorio realizar e entregar no prazo estabelecido todos os traballos
asignados
durante o desenvolvemento das aulas. Os traballos non entregados
ou entregados fóra de prazo contarán coma un cero. Do mesmo xeito, os traballos
que non cumpran os requisitos mínimos de corrección lingüística e conteñan
erros gramaticais graves contarán coma un cero.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo suporá un cero nese
traballo. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado
da súa responsabilidade.

1.2. Avaliación única

Se algunha alumna/o non se pode acoller á avaliación continua por motivos
xustificados
, deberá comunicarllo á profesora argumentadamente ao comezo
do cuadrimestre (nas dúas primeiras semanas de clase)
. Nese caso, poderá
ser avaliada/o mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que
combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa
nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na data
oficial de maio/xuño aprobada pola Xunta de Facultade. A escolla desta opción
en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas sempre que sexa
posíbel, o cal se recomenda encarecidamente. O alumnado que siga esta
modalidade de avaliación será responsábel de manter un contacto continuado coa
materia a través de Faitic.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

Na segunda edición de actas (xullo) a avaliación levarase a cabo
mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que combinará
preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota
constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na data
oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.



Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas
e titorías con regularidade e se implique activamente no seu proceso de
aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000