Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Pronunciación do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Recomendacións


 
Outros comentarios
Para un óptimo aproveitamento das leccións maxistrais é recomendable que o alumnado teña feitas as lecturas obrigatorias antes de cada sesión para asimilar mellor os contidos que se van explicar e plantexar posibles dúbidas ou facer comentarios ao respecto. Para a resolución de exercicios e outras actividades prácticas é imprescindible ter feitas as lecturas obrigatorias correspondentes así como revisado os apuntes das clases maxistrais. Recoméndase a consulta regular da plataforma Faitic posto que a través dela a profesora fará anuncios e porá a disposición do alumnado materiais necesarios para un óptimo aproveitamento das sesións presenciais. Competencias previas desexables - Bo coñecemento da lingua inglesa. - Uso dos diferentes recursos que ofrece a Biblioteca. - Manexo básico de ferramentas informáticas e internet. Para a consecución destas competencias previas recoméndase a asistencia a sesións formativas especializadas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000