Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Pronunciación do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución e entrega de exercicios, transcricións, grabacións, etc. que a profesora solicite realizar dentro ou fóra da aula, con ou sen previo aviso, así como grao de desenvolvemento das actividades autónomas nas TIC. 15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas sobre os contidos teórico-prácticos e sobre o tipo de actividades desenvolvidas durante as prácticas de laboratorio. 15
Observación sistemática Recompilación por parte da profesora de datos sobre a participación e implicación do alumnado nas sesións presenciais: atención, comentarios e preguntas ao fío das explicacións e realización de actividades encomendadas. 10
Outras Exame final cun compoñente teórico-práctico que incluirá preguntas curtas e longas sobre os contidos teóricos e a súa aplicación práctica (incluída transcrición), e un compoñente práctico de laboratorio que incluirá preguntas (a) tipo test e/ou curtas de discriminación auditiva, (b) de transcrición da oralidade e (c) de lectura. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

(A) PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

a) Avaliación continua

A avaliación será continua e terá lugar ao final do
primeiro cuadrimestre. Para a avaliación continua computarán os seguintes
parámetros obrigatorios (entre paréntese figuran as porcentaxes equivalentes da
cualificación final):

(1) Participación activa nas sesións
presenciais (10%).

(2) Dúas probas parciais que terán lugar na
semana inmediatamente posterior á finalización do tema 4: unha proba sobre os
contidos teóricos, a resolución de exercicios ou problemas relacionados coa
teoría dos 4 primeiros temas e unha transcrición fonolóxica (10%), e unha proba
práctica de laboratorio sobre actividades de discriminación auditiva e
produción oral (5%).

(3) Entrega de actividades puntuais (resolución
de exercicios, transcricións, grabacións, etc.) que a profesora solicite
realizar dentro ou fóra da aula, con ou sen previo aviso, así como grao de
desenvolvemento das actividades autónomas nas TIC (15%). A non entrega dunha
actividade en tempo e forma puntuará como cero.

(4) Exame final (60%): Constará de dous
compoñentes, un teórico-práctico e un práctico de laboratorio (discriminación
auditiva e produción oral) que constituirán, respectivamente, un 70% e un 30%
da cualificación final do exame. Abarcarán tódolos contidos teóricos e
prácticos explicados ao longo do cuadrimestre, incluíndo as lecturas
obrigatorias tanto do libro de texto como as complementarias. Para aprobar a
materia é requisito indispensable superar ámbalas dúas partes do exame final cunha
cualificación satisfactoria. A parte teórico-práctica do exame final terá lugar
na data, hora e lugar publicados polo Centro. A parte do laboratorio terá lugar
ao final do período lectivo na data e hora acordada co alumnado.

Para superar a avaliación continua é requisito ter
asistido a alomenos un 80% das sesións presenciais
, tanto das sesións de
grupo grande como das sesións de grupo pequeno ou laboratorio. Haberá certa
flexibilidade na aplicación desta porcentaxe sempre que as faltas de asistencia
estean debidamente xustificadas.  Nembargantes, as faltas debidamente
xustificadas repercutirán na puntuación do parámetro (1).

b) Avaliación
única

O alumnado que por motivos debidamente xustificados
(e.g. traballo) non poida cumprir co requisito do 80% de asistencia deberá
comunicarllo á profesora o primeiro día do curso. Estes alumnos serán
avaliados en base a un único exame final que computará como o 100% da cualificación.
O exame abarcará todos os contidos explicados ao longo do primeiro cuadrimestre,
incluíndo as lecturas obrigatorias, tanto do libro de texto como as
complementarias. Constará dun compoñente teórico-práctico e outro práctico de
laboratorio (discriminación auditiva e produción oral) que constituirán,
respectivamente, un 70% e un 30% da cualificación final. Para aprobar a materia
é requisito indispensable ter superados ámbolos dous compoñentes cunha
cualificación satisfactoria.  A celebración
do exame único, tanto a parte teórico-práctica como a parte do laboratorio, terá
lugar na mesma data, hora e lugar que o exame final do alumnado que segue a
avaliación continua.

Aínda que este alumnado non ten ningunha obriga
presencial, é altamente recomendable que asista ás sesións presenciais sempre
que poida.

(B) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

O alumnado que non supere a avaliación continua na
primeira edición de actas ou que, acolléndose á avaliación única a comezos de
curso por imposibilidade de cumprir co requisito do 80% de asistencia ás
sesións presenciais, non superara ésta deberá presentarse á segunda edición de
actas de xullo na que será avaliado en base a un único exame final que
computará como o 100% da cualificación
(véxase arriba o apartado sobre
avaliación única en (b)). A parte teórico-práctica do exame terá lugar na data,
hora e lugar publicados polo Centro. A data, hora e lugar da realización do
compoñente práctico será anunciado durante a realización do compoñente teórico-práctico
do exame.

N.B.: En caso de calquera tipo de plaxio a
cualificación final será de suspenso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000