Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Primeiro idioma estranxeiro V: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas escritas para avaliar os compoñentes Use of English (20%) e Reading (20%). 40 CB1
CB2
CB3
CB5
CG1
CG5
CG8
CG11
CG12
CE1
CE7
CE8
CE11
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas orais e escritas para avaliar os compoñentes Writing (20%), Listening (20%), Speaking (20%). 60 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CG1
CG5
CG6
CG7
CG8
CG9
CG11
CG12
CE1
CE2
CE7
CE9
CE11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1ª EDICIÓN DE ACTAS

Avaliación continua:

O proceso de avaliación arriba descrito está deseñado para o alumnado que asista regularmente a clases. O alumnado que non poida asistir con regularidade por algunha razón xustificada deberá comunicarllo ao profesorado a principios do cuadrimestre e será avaliado polo sistema de avaliación única (explicado abaixo).

Na primeira edición de actas, o progreso do alumnado será avaliado a través dunha serie de exames que avaliarán o uso da gramática e vocabulario, a comprensión e expresión oral, a comprensión lectora e a expresión escrita. As probas de expresión oral acordaranse co profesorado coa debida antelación. Os exames dos compoñenetes "Use of English" e "Reading" terán lugar na data fixada no programa da materia que se lle presenta ao alumnado na primeira sesión, aproximadamente a mediados do cuadrimestre. Os exames dos compoñenetes "Writing", "Listening" e "Speaking" terán lugar no período de exames en decembro/xaneiro e coincidirá coa data de oficial de exame de avaliación única aprobada pola Xunta da FFT.

É obrigatorio presentarse a todos os exames parciais; de presentarse unicamente a un parcial, a/o estudante perderá a avaliación continua e deberá presentarse á segunda edición de actas en xullo con toda a materia.

Para facer media entre os dous exames, a nota de cada 'compoñente' (Use of English, Reading, Speaking, Listening, Writing) debe de superar unha cualificación de 4 sobre 10. Para superar a materia, terase que acadar unha puntuación mínima de 5 puntos para cada compoñente.

No caso de acadar un suspenso na nota global na primeira edición de actas, se o/ alumno/a aproba un ou máis compoñentes, gardaráselle a nota dese(s) compoñente(s) polo que so terá que recuperar as partes suspensas na segunda edición de actas (xuño/xullo).

A asistencia ás aulas é altamente recomendable e aconsellable.

Se un/ha alumno/a, por causas de forza maior debidamente xustificadas, non puidese realizar algunha proba, deberá falar co/a profesor/a, con anterioridade á data de realización da proba. Os exames parciais considéranse oficiais, e polo tanto, un cambio de data debe de estar sempre suficientemente xustificado (accidente, operación quirúrxica ou falecemento de familiar en primeiro grado na data exacta do exame).

Avaliación única

Para o alumnado que escolla dende o comezo do curso o sistema de avaliación única, a nota deste exame constituirá o 100% da cualificación final. A proba terá cinco compoñentes (Use of English, Reading, Speaking, Listening, Writing) cun peso de 20% cada un. Para superar a materia, o alumnado debe acadar unha puntuación mínima de 5 puntos para cada compoñente.

A data deste exame único será a establecida pola Xunta de FFT para o período de exames.

2ª EDICIÓN DE ACTAS

O alumnado que non se presente ou suspenda ao final do cuadrimestre (primeira edición de actas) poderá presentarse aos exames de xuño/xullo nas datas que marque o calendario oficial do centro.

Para as/os estudantes que non se presentaran antes (1ª edición), a proba terá cinco compoñentes (Use of English, Reading, Speaking, Listening, Writing) cun peso de 20% cada un. Para superar a materia, o alumnado debe acadar unha puntuación mínima de 5 puntos para cada compoñente.

Aqueles/as alumnos/as que se presentaran na primeira edición de actas pero foran cualificados/as con Suspenso poderán facer unicamente os compoñentes nos que non acadaran un 5, conservándoselle as notas dos compoñentes aprobados (nesta convocatoria soamente).

OUTROS COMENTARIOS

Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

Durante a realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, ordenadores ou de calquera outro aparello electrónico, con ou sen conexión a Internet.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de actividade suporá un cero nesa parte. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000