Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Competencias


Carácter CB Código Competencias Básicas
  CB1 Que as/os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se atopa a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
  CB2 Que as/os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  CB3 Que as/os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  CB4 Que as/os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
  CB5 Que as/os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Carácter CG Código Competencias Xerais
  CG1 Fomentar e mellorar a capacidade de comunicación nas linguas de estudo no grao, en diferentes contextos sociais, profesionais e culturais coas/os falantes das devanditas linguas, desenvolvendo as destrezas de comprensión e expresión orais e escritas, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural, incluíndo a defensa dos dereitos fundamentais, de igualdade social, de xénero, raza e orientación sexual, e os valores propios da democracia e a cultura da paz.
  CG2 Identificar as principais contribucións teóricas nos distintos ámbitos xeográficos, sociais e culturais da literatura do primeiro idioma estranxeiro, desde unha perspectiva que teña en consideración os valores democráticos, de igualdade social, de xénero, raza e orientación sexual, así como dunha cultura para a paz.
  CG3 Adquirir os fundamentos teóricos e aplicados que ofrece a lingüística nos principais paradigmas do estudo e descrición das linguas, así como sintetizar, relacionar e describir as literaturas da primeira lingua estranxeira provenientes de distintos ámbitos culturais e sociais, períodos, xéneros e movementos.
  CG4 Adquirir as ferramentas e técnicas metodolóxicas básicas para o estudo e a análise lingüística e literaria.
  CG5 Adquirir os coñecementos necesarios para a comprensión, desenvolvemento, análise, avaliación e aproveitamento para o futuro profesional dos recursos lingüísticos e literarios.
  CG6 Construír argumentos sólidos sobre os temas e textos a estudar, seguindo as convencións académicas, empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos, facendo uso dos recursos bibliográficos e electrónicos dispoñibles, especialmente os orientados á investigación lingüística e literaria e á docencia das linguas impartidas no grao.
  CG7 Participar en debates e actividades en grupo, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, realizando contrastes críticos e respectuosos, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural dos países das diversas linguas estranxeiras, de defensa de dereitos fundamentais, de principios de igualdade e de valores democráticos.
  CG8 Formular razoamentos críticos a respecto dos campos de estudo lingüístico e literario que conduzan á adquisición dun método sólido de análise lingüística e literaria para alén da mera aproximación subxectiva e intuitiva ás linguas e textos obxecto de estudo.
  CG9 Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais nas diversas linguas estranxeiras, formulando hipóteses, utilizando unha metodoloxía apropiada para transmitir ideas de xeito eficaz e válido, seguindo as convencións académicas e empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos.
  CG10 Mostrar coñecemento sobre outras culturas e expresións artísticas e ser competente para sensibilizar as persoas do entorno na apreciación da diversidade, interculturalidade e multiculturalidade. Así mesmo, explorar as repercusións sociais, profesionais, educativas e culturais dos usos lingüísticos e da aprendizaxe das linguas estudadas no grao.
  CG11 Visibilizar e valorar as contribucións feitas polas mulleres á literatura e á cultura producida no primeiro idioma estranxeiro nos seus diferentes ámbitos xeográficos e culturais. De igual modo, identificar os mecanismos de exclusión e discriminación das mulleres na linguaxe e adquirir formación no uso de linguaxe inclusiva.
  CG12 Ser competente para utilizar as novas tecnoloxías como recurso metodolóxico, de investigación, didáctico e de comunicación.
  CG13 Ampliar o interese polas linguas, a literatura, a cultura, e pola lingüística teórica e aplicada.
Carácter CE Código Competencias Específicas
  CE1 Mellorar o coñecemento da lingua instrumental co fin de obter unha competencia lingüística e comunicativa na lingua obxecto de estudo.
  CE2 Desenvolver as habilidades de comprensión e expresión oral.
  CE3 Desenvolver o sentido de conciencia lingüística do primeiro idioma estranxeiro como un sistema, dos seus mecanismos e formas de expresión.
  CE4 Desenvolver as nocións fundamentais de vocabulario en temas básicos e expandir estes coñecementos a temas máis complexos, fomentando a aplicación práctica do vocabulario á lectura e redacción de textos, así como á comprensión e expresión oral.
  CE5 Fomentar a capacidade de desenvolvemento da lingua en uso e a aplicación práctica dos coñecementos co propósito de englobar as destrezas de comprensión e expresión escrita e oral na comunicación.
  CE6 Sentar as bases para o desenvolvemento da comprensión e expresión oral e a correcta expresión gramatical.
  CE7 Desenvolver a capacidade crítica respecto ás diferentes aproximacións textuais e as súas implicacións.
  CE8 Mellorar a compresión lectora en rexistros formais e semiformais, entender a organización do texto e deducir o significado polo contexto.
  CE9 Incrementar a destreza de expresión escrita nunha variedade de temas e unila á expresión oral.
  CE10 Acrecentar habilidades de comprensión e expresión oral tanto para información específica como para información xeral.
  CE11 Fomentar a capacidade de expresión da lingua a través do traballo en equipo.
  CE12 Dominar a dimensión social da lingua e saber como utilizala en función do contexto.
  CE13 Desenvolver a capacidade de organización e planificación da lingua oral e escrita tomando como base os coñecementos gramaticais.
  CE14 Sentar as bases e desenvolver as habilidades de comprensión e expresión oral.
  CE15 Sentar as bases do repertorio léxico básico do segundo idioma estranxeiro e expandir estes coñecementos a outras terminoloxías máis complexas.
  CE16 Desenvolver as nocións gramaticais básicas e expandir estes coñecementos a estruturas máis complexas.
  CE17 Fomentar a capacidade de desenvolvemento da lingua en uso e a aplicación práctica dos coñecementos gramaticais, léxicos e fraseolóxicos.
  CE18 Sentar as bases e desenvolver a comprensión e expresión oral e a correcta expresión gramatical.
  CE19 Sentar as bases e desenvolver a comprensión dos aspectos fundamentais socio-culturais e de civilización dos países nos que se fala o segundo idioma estranxeiro.
  CE20 Mostrar un coñecemento medio-alto do segundo idioma como lingua estranxeira, o que inclúe as perspectivas lingüística, comunicativa e de civilización.
  CE21 Mostrar a capacidade de contrastar aspectos léxicos, fraseolóxicos e gramaticais do segundo idioma estranxeiro co propio.
  CE22 Mostrar a capacidade de contrastar aspectos de civilización propios das xentes que falan o segundo idioma estranxeiro e alleos.
  CE23 Desenvolver a capacidade crítica respecto ás diferentes aproximacións de estudo e a súa posta en práctica.
  CE24 Sentar as bases e desenvolver a comprensión dos aspectos históricos e socio-culturais básicos dos grandes momentos da literatura expresada no segundo idioma estranxeiro.
  CE25 Coñecer os principais movementos, épocas e tendencias na historia da literatura do segundo idioma moderno nos seus diferentes ámbitos xeográficos e culturais.
  CE26 Saber comentar e contextualizar obras e autoras/es seleccionados da literatura do segundo idioma estranxeiro nos seus diferentes ámbitos xeográficos.
  CE27 Mostrar un coñecemento básico dos principais movementos, épocas e tendencias na historia da literatura do segundo idioma moderno nos seus diferentes ámbitos xeográficos e culturais e das/dos principais autoras/es que a protagonizan.
  CE28 Desenvolver a capacidade de comentar e contextualizar obras e autores seleccionados da literatura do segundo idioma estranxeiro nos seus diferentes ámbitos xeográficos.
  CE29 Desenvolver o sentido de conciencia lingüística do terceiro idioma estranxeiro como un sistema, dos seus mecanismos e formas de expresión.
  CE30 Sentar as bases das habilidades de comprensión e expresión oral e escrita.
  CE31 Coñecer as bases do repertorio léxico básico do terceiro idioma estranxeiro e expandir estes coñecementos a outras terminoloxías máis complexas.
  CE32 Coñecer a gramática básica e fomentar a capacidade de desenvolvemento da lingua en uso e a aplicación práctica dos coñecementos gramaticais , léxicos e fraseolóxicos.
  CE33 Coñecer os aspectos fundamentais socio-culturais e de civilización dos países nos que se fala o terceiro idioma estranxeiro.
  CE34 Mostrar un coñecemento básico-medio do terceiro idioma como lingua estranxeira, o que inclúe a perspectiva lingüística, comunicativa e de cultura e civilización.
  CE35 Desenvolver e mostrar a capacidade de contrastar aspectos léxicos, fraseolóxicos e gramaticais do terceiro idioma estranxeiro co propio.
  CE36 Desenvolver e mostrar a capacidade de contrastar aspectos de civilización propios da xente que fala o terceiro idioma estranxeiro e alleos.
  CE37 Adquirir coñecementos sobre a capacidade lingüística humana e as linguas do mundo.
  CE38 Coñecer as ferramentas conceptuais e analíticas que ofrece a Lingüística para o estudo e descrición das linguas.
  CE39 Adquirir coñecementos sobre as aplicacións da lingüística.
  CE40 Desenvolver a capacidade para entender lecturas introductorias.
  CE41 Ser competente para distinguir os contidos esenciais dos accesorios.
  CE42 Ser competente para resolver exercicios de carácter básico.
  CE43 Desenvolver a capacidade de traballar con datos de linguas descoñecidas, nun nivel básico.
  CE44 Desenvolver a habilidade de trasladar as ferramentas e problemas tratados ás linguas de especialización do alumnado.
  CE45 Adquirir os fundamentos teóricos e aplicados da lingüística computacional.
  CE46 Coñecer os recursos, ferramentas e aplicacións das Tecnoloxías da Lingua.
  CE47 Adquirir os coñecementos necesarios para a comprensión, desenvolvemento, avaliación e aproveitamento destes recursos.
  CE48 Manexar adecuadamente os recursos lingüístico-computacionais dispoñibles, especialmente os orientados á investigación lingüística e filolóxica, e á docencia das linguas impartidas no Grao.
  CE49 Analizar e avaliar os recursos, ferramentas e aplicacións da Tecnoloxía da Lingua.
  CE50 Resolver problemas de lingüística computacional e elaborar traballos académicos de calidade.
  CE51 Adquirir interese polas linguas, a lingüística aplicada e polas aplicacións da lingüística da informática.
  CE52 Desenvolver unha actitude crítica informada con respecto ás tecnoloxías lingüísticas e ao seu papel na sociedade da información.
  CE53 Fundamentar con coñecementos teóricos unha adecuada, coherente e correcta expresión oral e escrita na lingua española e galega.
  CE54 Analizar e valorar criticamente exemplos de expresión oral e escrita.
  CE55 Desenvolver autonomía para producir e corrixir diversos tipos de textos orais e escritos, utilizando adecuadamente os recursos da lingua española e galega.
  CE56 Facilitar a aprendizaxe da lingua estranxeira desde a perspectiva da súa utilidade profesional.
  CE57 Mellorar a competencia comunicativa centrándose no ámbito académico e profesional.
  CE58 Adquirir as ferramentas necesarias para dominar o coñecemento da área específica do obxecto de estudo.
  CE59 Afianzar os aspectos propios das linguas de especialidade.
  CE60 Desenvolver os coñecementos léxicos, sintácticos, fraseolóxicos, estilísticos e comunicativos das linguas para fins específicos.
  CE61 Familiarizarse coa metodoloxía da aprendizaxe utilizada na análise das linguas profesionais e académicas.
  CE62 Adentrarse nos trazos característicos dos distintos tipos de linguaxes de especialidade.
  CE63 Desenvolver os mecanismos necesarios para a difusión oral da aprendizaxe e ensino das linguas de especialidade.
  CE64 Afianzar o interese das linguas de especialidade na sociedade do coñecemento e a información.
  CE65 Adentrarse na didáctica das linguas de especialidade.
  CE66 Ser capaces de reflexionar sobre a ontoloxía e función da literatura.
  CE67 Saber apreciar a diferenza estética.
  CE68 Saber relacionar os textos literarios co seu contexto.
  CE69 Comentar textos literarios diversos relacionándoos co xénero a que correspondan e sabendo xustificar esa adscrición.
  CE70 Comentar textos literarios en función de diversas orientacións metodolóxicas.
  CE71 Ser capaces de ler textos de teoría da Literatura de orientacións teóricas diversas situándoos na que lles corresponda.
  CE72 Ser capaces de expor oralmente de forma sintética a súa comprensión dos textos, literarios ou teóricos.
  CE73 Ser capaces de apuntalos por escrito.
  CE74 Coñecer os principios constitucionais dos países do primeiro idioma estranxeiro.
  CE75 Coñecer os períodos máis importantes da historia política dos países do primeiro idioma estranxeiro.
  CE76 Coñecer os períodos máis importantes da historia económica dos países do primeiro idioma estranxeiro.
  CE77 Coñecer as principais características da historia social dos países do primeiro idioma estranxeiro.
  CE78 Coñecer as principais características da historia cultural dos países do primeiro idioma estranxeiro.
  CE79 Desenvolver a capacidade de comprender as claves interpretativas da evolución histórica dos países do primeiro idioma estranxeiro.
  CE80 Desenvolver a capacidade de recoñecer as achegas dos países do primeiro idioma estranxeiro á historia universal.
  CE81 Adquirir a habilidade de recoñecer a evolución diferenciada dos diferentes países do primeiro idioma estranxeiro.
  CE82 Adquirir a habilidade de interpretar as características dos sistemas constitucionais dos países do primeiro idioma estranxeiro.
  CE83 Adquirir os fundamentos teóricos do sistema fonolóxico do primeiro idioma estranxeiro a través dunha variante estandarizada previamente seleccionada.
  CE84 Coñecer as técnicas lóxicas da análise fonolóxico e as teorías fundamentais que as sosteñen.
  CE85 Adquirir os coñecementos necesarios para a análise de datos fonéticos e a explicación dos procesos fonéticos e fonolóxicos do primeiro idioma estranxeiro.
  CE86 Resolver exercicios, problemas e traballos de fonética e fonoloxía do primeiro idioma estranxeiro.
  CE87 Recoñecer auditivamente e reproducir oralmente sons e palabras invididuais, enunciados, e textos breves no primeiro idioma estranxeiro seguindo un modelo de pronuncia estándar.
  CE88 Adquirir os mecanismos necesarios para detectar por unha/o mesma/o os erros propios de pronuncia e poder corrixilos.
  CE89 Perfeccionar a pronuncia de primeiro idioma estranxeiro e mellorar a comunicación oral cos falantes nativos do primeiro idioma estranxeiro.
  CE90 Adquirir os fundamentos teóricos e aplicados da morfoloxía nas principais paradigmas de explicación lingüística.
  CE91 Adquirir os fundamentos teóricos e aplicados da sintaxe nas principais paradigmas de explicación lingúística.
  CE92 Adquirir os coñecementos necesarios para a análise morfosintáctica das cadeas lingüísticas en primeiro idioma estranxeiro.
  CE93 Enfrontarse a problemas, exercicios e traballos académicos de morfosintaxe.
  CE94 Desenvolver unha actitude crítica informada con respecto á morfosintaxe dentro dun concepto de ciencia da linguaxe.
  CE95 Coñecer os principios e mecanismos do cambio léxico, semántico, fonolóxico, morfolóxico e sintáctico.
  CE96 Ser capaz de identificar e analizar as variables (internas e externas) que poidan afectar o uso dunha lingua e provocar un cambio lingüístico.
  CE97 Adquirir coñecementos imprescindibles para explicar os cambios máis significativos sufridos polo léxico, ortografía, fonoloxía, morfoloxía e sintaxe do primeiro idioma estranxeiro desde as súas orixes ata a actualidade.
  CE98 Adquirir as ferramentas metodolóxicas básicas para a análise lingüística de textos de diferentes etapas históricas do primeiro idioma estranxeiro.
  CE99 Manexar adecuadamente e explotar con aproveitamento os recursos dispoñibles para o estudo e análise do primeiro idioma estranxeiro: cursos na rede, exercicios con autocorreción na rede, dicionarios históricos e etimolóxicos en papel, en CD-ROM e na web, concordancias, corpora históricos, paquetes estatísticos, manuscritos dixitalizados en liña, etc.
  CE100 Avaliar e analizar datos históricos sendo consciente das limitacións do material histórico e os problemas que leva a súa interpretación.
  CE101 Resolver problemas de lingüística histórica e elaborar traballos académicos de calidade.
  CE102 Adquirir interese pola historia das linguas e os principios universais de cambio lingüístico e a súa importancia á hora de explicar (as aparentes irregularidades de) os idiomas modernos.
  CE103 Entender que o cambio lingüístico é un fenómeno continuo (e non suma de diversos estadios sincrónicos) e inevitable non un síntoma de corrupción ou dexeneración da lingua que o sofre.
  CE104 Comprender a relación existente entre variación sincrónica e cambio diacrónico.
  CE105 Comprender a interacción existente entre lingua, historia e sociedade.
  CE106 Coñecer os principios e mecanismos do cambio léxico, semántico, fonolóxico, morfolóxico e sintáctico.
  CE107 Adquirir os coñecementos imprescindibles para explicar os cambios máis significativos sufridos polo léxico, ortografía, fonoloxía, morfoloxía, e sintaxe do primeiro idioma estranxeiro desde as súas orixes ata a actualidade.
  CE108 Comprender os mecanismos que subxacen á aprendizaxe das linguas estranxeiras.
  CE109 Adquirir factores internos e externos que interveñen na aprendizaxe propias dunha terceira lingua.
  CE110 Comprender os mecanismos de interacción existentes entre a primeira, segunda e terceira lingua.
  CE111 Aplicar os coñecementos adquiridos á realidade social e entender o papel da adquisición de linguas do mundo actual.
  CE112 Desenvolver a capacidade crítica necesaria para discernir os falsos conceptos existentes na aprendizaxe de linguas.
  CE113 Fomentar a capacidade de comunicación a través das linguas.
  CE114 Adquirir as nocións de multilingüismo e plurilingüismo e a súa aplicación á diversidade cultural.
  CE115 Comprender a diversidade lingüística, as linguas en contacto e as características distintivas do bo aprendiz de linguas.
  CE116 Desenvolver a aprendizaxe de linguas dentro dos diferentes contextos sociais e culturais.
  CE117 Adquirir fundamentos teóricos da pragmática, semántica e da análise do discurso oral nas principais paradigmas de explicación lingüística.
  CE118 Identificar, entender e describir as unidades de análise semántico, pragmático e do discurso oral das mínimas ás máis complexas.
  CE119 Dominar as técnicas e métodos de análises tanto semántico, pragmático como do discurso oral.
  CE120 Deducir regras e características propias a cada texto a nivel semántico, pragmático e do discurso oral.
  CE121 Reflexionar sobre os distintos significados dos anunciados en contextos específicos e sobre os elementos que participan no seu signicado.
  CE122 Reflexionar sobre a organización e estructuración do discurso oral tanto a nivel entonativo como interaccional.
  CE123 Perfeccionar a expresión da oralidad a nivel entonativo.
  CE124 Comprender os conceptos fundamentais da sociolingüística teórica e aplicada ao primeiro idioma estranxeiro.
  CE125 Coñecer as perspectivas e aproximacións que intregan a disciplina sociolingüística.
  CE126 Familiarizarse cos trazos distintivos das variedades máis estendidas do idioma estranxeiro.
  CE127 Coñecer as pautas de variación máis significativas no primeiro idioma estranxeiro relacionadas con factores sociais tales como a clase social, a idade ou o sexo.
  CE128 Adquirir os coñecementos imprescindibles para analizar, interpretar, avaliar criticamente textos de distintas variedades (xeográficas, sociais, estilísticas) do primeiro idioma estranxeiro.
  CE129 Ser capaz de identificar un dialecto do primeiro idioma estranxeiro a partir dun texto e describir algunhas das súas características sintácticas e morfolóxicas.
  CE130 Ser capaz de identificar diferenzas lingüísticas en producións de individuos de diferente status social, sexo, idade, contexto de interacción, etc.
  CE131 Considerar a utilidade da teoría sociolingüística para a solución de problemas do mundo real (ex: a sociolingüística forense)
  CE132 Comprender os mecanismos da análise textual na súa vertente escrita e oral.
  CE133 Adquirir as ferramentas necesarias para levar a cabo a análise.
  CE134 Familiarizarse coas características de distintos xéneros e contextos.
  CE135 Aplicar os coñecementos adquiridos á realidade social e profesional.
  CE136 Desenvolver a capacidade crítica necesaria para analizar e comprender distintos tipos de mensaxe.
  CE137 Fomentar a comunicación intercultural a través do dominio de diferentes técnicas de expresión.
  CE138 Afianzar los conocimientos de la lengua oral y escrita en contextos lingüísticos complejos.
  CE139 Fomentar a comprensión e expresión oral e escrita dentro dos diferentes contextos sociais e culturais.
  CE140 Adquirir a práctica necesaria a nivel oral e escrito para desenvolverse no seu futuro profesional.
  CE141 Familiarizarse con distintos rexistros e graos de dificultade.
  CE142 Coñecer e comprender as/os principais autoras/es e textos da literatura escrita no primeiro idioma estranxeiro nos seus diferentes ámbitos xeográficos, sociais e culturais, distinguindo os principais movementos, épocas e tendencias.
  CE143 Analizar, interpretar e comentar as obras literarias seleccionadas, establecendo o marco no que se xeraron e analizando, a partir do texto, os trazos sociais ideolóxicos, históricos e culturais das obras.
  CE144 Visibilizar e pór en valor as achegas feitas polas mulleres á literatura escrita no primeiro idioma estranxeiro nos seus diferentes ámbitos xeográficos, sociais e culturais.
  CE145 Identificar o papel desempeñado polas expresións literarias nas relacións entre grupos dominantes e/ou minoritarios.
  CE146 Coñecer e comprender os procesos relacionados coa creación de textos literarios no primeiro idioma estranxeiro de diversos xéneros e procedentes de diversas tradicións.
  CE147 Desenvolver o sentido de conciencia lingüística do segundo idioma estranxeiro como un sistema, dos seus mecanismos e formas de expresión.
  CE148 Desenvolver a capacidade de comprender a xeopolítica dos países do primeiro idioma estranxeiro no contexto do mundo actual.
  CE149 Familiarizarse coas características de aprendizaxe propias dunha terceira lingua.
  CE150 Recoñecer no texto as convencións especiais que operan no ámbito da comunicación literaria. O alumnado ha de identificar e interpretar os elementos propios dun texto literario ( tema, acción, personaxes, punto de vista. etc)
  CE151 Manexar a terminoloxía básica do primeiro idioma estranxeiro empregada no comentario de textos literarios en relación cos xéneros literarios, as figuras de dicción, os trazos estilísticos, os elementos narrativos, etc.
  CE152 Coñecer as tendencias actuais da teoría e crítica literaria, aplicando algúns dos enfoques críticos actuais á análise de textos literarios no primeiro idioma estranxeiro.
  CE153 Adquirir un sólido método de análise literaria que transcienda a mera aproximación subxectiva e intuitiva dos textos.
  CE154 Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais no primeiro idioma estranxeiro, formulando hipótese, utilizando unha metodoloxía apropiada para transmitir ideas de maneira eficaz e válida, seguindo as convencións académicas e empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos.
  CE155 Participar en debates e actividades de grupo, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, realizando contrastes críticos e respectuosos con outros axentes da aula, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural nos países da primeira lingua estranxeira, de defensa de dereitos fundamentais, de principios de igualdade e valores democráticos.
  CE156 Identificar as principais achegas teóricas nos distintos ámbitos xeográficos, sociais e culturais da literatura do primeiro idioma estranxeiro, desde unha perspectiva que teña en consideración os valores democráticos, de igualdade social, de xénero, de raza e orientación sexual, así como dunha cultura e paz.
  CE157 Sintetizar, relacionar e describir as literaturas da primeira lingua estranxeira mediante o estudo dun certo número de autoras/es e textos provenientes de distintos ámbitos culturais e sociais, períodos, xéneros e movementos.
  CE158 Describir e analizar os trazos, temas, estilos e símbolos que se utilicen nos textos literarios que sexan obxectivo de estudo, relacionando estas características co contexto en que se inscribe a produción e recepción dos mesmos.
  CE159 Construír argumentos sólidos sobre os temas e textos a estudar, seguindo as convencións académicas, empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos, facendo uso dos recursos máis apropiados, e expresando oralmente e por escrito esa reflexión crítica.
  CE160 Participar en debates e actividades en grupo, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, realizando contrastes críticos e respectuosos con outros axentes da aula, e mostrando actividades de tolerancia e valores democráticos.
  CE161 Coñecer as principais achegas teóricas sobre os vínculos existentes entre literatura e sociedade, como se representa unha sociedade no universo do literario en canto a concepto, terminoloxía, tipoloxía, aspectos históricos, características principais, metodoloxía(s) de interpretación e calquera outra cuestión especificada no programa correspondente.
  CE162 Comprender, analizar e comparar textos (literarios, históricos, culturais, políticos, visuais) representativos de tal relación e reflexionar sobre a interacción co contexto histórico , social e cultural no que se inscribe a súa produción e recepción.
  CE163 Formular razoamentos críticos derivados da análise dos textos insertos nun contexto social que conduzan á adquisición dun método básico de análise socioliterario que transcienda a mera aproximación intuitiva aos textos obxecto de estudo.
  CE164 Localizar, seleccionar, organizar e avaliar información relevante relacionada co concepto social elixido e cos textos a analizar máis profundamente, recorrendo a fontes bibliográficas ou recursos electrónicos.
  CE165 Relacionar textos literarios e outras expresións culturais e artísticas, como pode ser o cinema, a música ou a arte coa realidade sociocultural na que se producen.
  CE166 Reflexionar e valorar a idea que o alumnado ten sobre outras sociedades e culturas diferentes da occidental e sensibilizarlles na apreciación de tal diversidade sociolóxica.
  CE167 Coñecer os conceptos teóricos de de as teorías do xénero nos ámbitos anglófonos: feminismos, estudos da masculinidade, estudos queer.
  CE168 Desenvolver a percepción crítica da literatura desde o punto de vista do xénero.
  CE169 Comprender os referentes teóricos, históricos e culturais que subxacen na cultura androcéntrica.
  CE170 Identificar as principais achegas literarias desde unha perspectiva de xénero en ámbitos anglófonos.
  CE171 Ser competente para transmitir unha cultura non androcéntrica.
  CE172 Identificar situacións de desigualdade de xénero nos textos.
  CE173 Ser competente para sensibilizar á poboación en relación con problemas específicos de xénero.
  CE174 Ser competente para realizar estudos sistemáticos da literatura desde a perspectiva de xénero.
  CE175 Ser competente para contribuír a unha sociedade máis igualitaria desde o punto de vista de xénero.
  CE176 Describir e analizar os trazos literarios, temas, estilos e símbolos principais utilizados nas obras literarias dunha determinada época histórica ou dun determinado movemento estético ou cultural, relacionando estas características co contexto en que se inscriba a produción e recepción da obra.
  CE177 Relacionar as obras literarias e culturais que sexan obxecto de estudo coas teorías críticas e os movementos literarios e culturais que contribúan á comprensión da obra.
  CE178 Formular razoamentos críticos derivados da análise das obras literarias e culturais obxecto de estudo, empregando para iso terminoloxía, fontes e recursos especializados, e proporcionando evidencias críticas e textuais que avalen devanditos argumentos.
  CE179 Aplicar técnicas de análise literaria a textos representativos de distintos xéneros como poden ser a poesía, teatro ou narrativa.
  CE180 Estender os coñecementos das tácticas de análise literaria á peculiaridade narrativa do discurso fílmico, televisual e radiofónico.
  CE181 Recoñecer as novas tendencias nos diversos movementos literarios e culturais.
  CE182 Relacionar textos literarios e outras expresións culturais e artísticas, como pode ser o cinema ou a arte, entre si e coa realidade sociopolítica na que se producen.
  CE183 Visibilizar e valorar as achegas feitas polas mulleres á literatura e cultura producida no primeiro idioma estranxeiro nos seus diferentes ámbitos xeográficos e culturais.
  CE184 Identificar o papel desempeñado polas expresións artísticas e culturais nas relacións entre grupos dominantes e/ou minoritarios.
  CE185 Mostrar coñecementos sobre outras culturas e expresións artísticas e sensibilizar ás persoas da contorna na apreciación da diversidade, interculturalidad e multiculturalidad.
  CE186 Desenvolver un pensamento independente e crítico, así como actitudes de respecto e tolerancia cara a outras opinións e puntos de vista, e cara á diversidade social e cultural.
  CE187 Identificar as principais achegas teóricas sobre as relacións entre a literatura e outros modos de expresión artística: en canto a concepto, terminoloxía, tipoloxía, aspectos históricos, características principais, metodoloxía(s) de interpretación e calquera outra cuestión específicada no programa correspondente.
  CE188 Describir, analizar e comparar textos (literarios, visuais, fílmicos, etc.) representativos de tal relación e reflexionar sobre a interacción co contexto histórico, social e cultural en que se inscribe a súa produción e recepción.
  CE189 Formular razoamentos críticos derivados da análise das obras artísticas analizadas que conduza á adquisición dun método sólido de análise literaria-artística que transcenda a mera aproximación subxectiva e intuitiva aos textos obxecto de estudo.
  CE190 Participar en debates e actividades en grupo, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, realizando contrastes críticos e respectuosos con outros axentes da aula, e mostrando actividades de tolerancia e valores democráticos.
  CE191 Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais en inglés, formulando hipótese, utilizando unha metodoloxía apropiada para transmitir ideas de maneira eficaz e válida, seguindo as convencións académicas e empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos.
  CE192 Localizar, seleccionar, organizar e avaliar información relevante relacionada co tipo de representación artística escollida e cos textos a analizar máis profundamente, recorrendo a fontes bibliográficas ou recursos electrónicos.
  CE193 Identificar as principais achegas teóricas sobre os movementos literarios e culturais obxecto de estudo en canto a concepto, terminoloxía, tipoloxía, aspectos históricos, características principais, metodoloxía(s) de interpretación e calquera outra cuestión especificada no programa correspondente.
  CE194 Describir, analizar e comparar textos representativos de tales movementos e reflexionar sobre a interacción co contexto histórico, social e cultural en que se inscribe a súa produción e recepción.
  CE195 Formular razoamentos críticos derivados da análise das obras literarias e artísticas analizadas que conduza á adquisición dun método sólido de análise literaria-artística que transcienda a mera aproximación subxectiva e intuitiva aos textos obxecto de estudo.
  CE196 Participar en debates e actividades en grupo, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, realizando contrastes críticos e respectuosos con outros axentes da aula, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural nos países de fala inglesa, de defensa de dereitos fundamentais, de principios de igualdade e de valores democráticos.
  CE197 Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais en inglés, formulando hipótese, utilizando unha metodoloxía apropiada para transmitir ideas de maneira eficaz e válida, seguindo as convencións académicas e empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos.
  CE198 Localizar, seleccionar, organizar e avaliar información relevante relacionada co xénero(s) escollido(s) e cos textos a analizar máis profundamente, recorrendo a fontes bibliográficas ou recursos electrónicos.
  CE199 Identificar as principais achegas teóricos sobre o xénero(s) ou modo(s) literario(s) a estudar: en canto a concepto, terminoloxía, tipoloxía, aspectos históricos, características principais, metodoloxía(s) de interpretación e calquera outra cuestión especificada no programa correspondente.
  CE200 Describir e analizar textos representativos tal(es) xénero(s) ou modo(s), relacionalos con outros textos do mesmo xénero ou doutros, e reflexionar sobre a interacción co contexto histórico, social e cultural en que se inscribe a súa produción e recepción.
  CE201 Participar en debates e actividades en grupo, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, realizando contrastes críticos e respectuosos con outros axentes da aula, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural nos países de fala inglesa, de defensa de dereitos fundamentais, de principios de igualdade e de valores democráticos.
  CE202 Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais en inglés, formulando hipótese, utilizando unha metodoloxía apropiada para transmitir ideas de maneira eficaz e válida, seguindo as convencións académicas e empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos.
  CE203 Localizar, seleccionar, organizar e avaliar información relevante relacionada co xénero(s) escollido(s) e cos textos a analizar máis profundamente, recorrendo a fontes bibliográficas ou recursos electrónicos.
Carácter CT Código Competencias Transversais
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000