Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro II: Alemán
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Segundo idioma estranxeiro III: Alemán/V01G180V01305
Segundo idioma estranxeiro IV: Alemán/V01G180V01405
Segundo idioma estranxeiro V: Alemán/V01G180V01605


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro I: Alemán/V01G180V01107
 
Outros comentarios
Recoméndase ter coñecementos básicos do idioma alemán (A1.1.) equivalentes a 6 créditos desta materia. Recoméndase a asistencia ás clases, a participación activa e o traballo regular, así como o uso dos recursos da biblioteca. Recoméndase ademais ter en conta os aspectos seguintes: 1. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. 2. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. 3. O alumnado visitante en programas de intercambio con universidades estranxeiras, deberá ter en conta a lingua e o nivel de lingua do curso. 4. Ademais dos contidos e pertinencia dos exercicios e exame escrito, valorarase a corrección lingüística dos mesmos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000