Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingua: Comunicación escrita e oral en lingua española
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Elección dun tema relacionado con algún dos contidos vistos na clase, por exemplo algunha modalidade textual ou unha forma de comunicación oral, e elaboración dun breve traballo de análise que deberá ir acompañado dunha exposición oral na aula. 40
Traballos de aula Execución na aula de exercicios propostos polo docente e análise de textos e de producións orais. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización e entrega de exercicios prácticos ou cuestións relacionadas con lecturas propostas. 20
Traballos e proxectos Lectura de traballos especializados nos contidos da materia e realización de resumos e de exposicións orais sobre eles. 20%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua. Para poder seguir esta avaliación terá que asistirse ó 80% mínimo das horas. A asistencia é un requisito para seguir a avaliación continua, pero non será puntuada na nota global. Para superar a materia, os alumnos deberán realizar todos os traballos estipulados polo profesor (traballos de aula, presentacións e exposicións de traballos, resolución de problemas ou exercicios e traballos e proxectos). As prácticas ou exercicios propostos terán que ser entregados na data establecida. Fóra dese prazo non serán admitidos. A nota final será a suma de todos estes traballos.

A condición para ser avaliado será a asistencia a un 80% das aulas. Se algún alumno ou alumna non pode asistir ó 80 % das clases por razóns laborais ou persoais, deberá comunicalo ó profesor nos primeiros 15 días de clase. Neste caso, haberá de presentarse a unha modalidade de avaliación única que consistirá  nunha proba teórica (50% da nota) e outra práctica que constará de tres exercicios escritos (30% da cualificación) e dunha breve exposición oral (20%) da cualificación.

 

2ª Edición de actas.

O alumnado que non cumpra os requisitos da avaliación continua ou non se presente á mesma, poderá realizar un único examen na convocatoria de xullo, na data estipulada oficialmente. Este exame terá unha parte teórica (50% da nota) e outra práctica que consistirá en tres probas escritas (30% da cualificación) e unha breve exposición oral (20 %).

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000