Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingua: Comunicación escrita e oral en lingua española
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral As horas destinadas ás clases maxistrais centraranse na explicación dos contidos teóricos da materia.
Presentacións/exposicións O alumnado e o profesorado elixirán temas relativos aos contidos da materia, a partir do visto na aula e nas titorías, e o alumnado realizará sobre eles unha breve análise teórica e unha exposición oral na aula.
Traballos de aula Nas horas marcadas na planificación para os traballos de aula, realizaranse prácticas tanto da norma e o uso do español como de análise e produción de textos escritos e orais.
Titoría en grupo Estas titorías destinaranse á resolución de dúbidas que lle poidan xurdir ao estudantado e que non se traten na clase e á orientación para realizar os traballos e as exposicións marcadas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000