Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Historia: Historia dos países do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Contestar a unha serie de cuestións e preguntas relacionadas coa parte do temario impartida a través de clases teóricas ou sesións maxistrais. 50
Resolución de problemas e/ou exercicios Formulación de problemas que o alumnado debe resolver na clase relacionados con algúns temas. 20
Traballos e proxectos Redacción escrita e exposición oral dun traballo, que pode facerse en grupos pequenos. Implica a exposición oral, o debate e a defensa deste. 20
Outras En todas as actividades e probas valorarase a participación activa do alumnado. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno debe escoller a principio de curso o sistema de avaliación continua ou o sistema de avaliación única. Recoméndase, en todo caso, o primeiro deles.

Na avaliación continua a condición para ser avaliado será a asistencia a un 80% das aulas. Se algún alumno non pode cumprir este requisito terá que falar coa profesora nun prazo de dúas semanas e xustificar a súa ausencia. Neste caso (non cumprir o requisito de asistencia) a avaliación será única mediante un exame ó final do cuadrimestre no que a cualificación suporá o 100% da nota final. Esta proba consiste no desenvolvemento dun tema e contestar a varias preguntas relacionadas co temario

Na segunda edición das actas (xullo) a avaliación será mediante un exame final no que a cualificación suporá o 100% da nota final. Esta proba consiste no desenvolvemento dun tema e contestar a varias preguntas relacionadas co temario.

Non se admitirán os traballos fóra do prazo indicado pola profesora e non se tolerará o plaxio das actividades baixo ningunha circunstancia, moi especialmente a copia directa de internet e, especialmente, de wikipedia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000