Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Oferta de Materias Específicas de Departamentos para Alumnos ISEP, Erasmus e Visitantes
 Materias
  Cultura galega
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A3 Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
B2 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permita ao estudantado acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
B4 Mellora da capacidade de comunicación en español, galego e portugués en diferentes contextos profesionais, traballando as destrezas de comprensión e expresión orais e escritas.
B6 Ser quen de apreciar outras culturas e expresións artísticas e competentes para sensibilizar á contorna propia na apreciación da diversidad intercultural. Explorar ademais as repercusións sociais, profesionais, educativas e culturais dos usos lingüísticos e da aprendizaxe das linguas estudadas no grao.
B9 Posuír as habelencias de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando de xeito autónomo baseándose nos coñecementos adquiridos e no uso das novas tecnoloxías.
B10 Integrar coñecementos e poder desenvolver un proceso de comunicación sólido a partir dunha información que, aínda que sexa incompleta, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas ao proceso comunicativo.
C1 Perfecto dominio instrumental das linguas galega, española e portuguesa.
C12 Coñecemento da evolución histórica interna e externa do galego.
C13 Coñecemento da situación sociolingüística da lingua galega/española.
C15 Coñecemento das repercusións lingüísticas e interculturais do contacto de linguas.
C16 Coñecemento da historia dos países da Península Ibérica.
C24 Coñecemento de culturas e civilizacións estranxeiras
C30 Destreza para a procura de información/documentación
C34 Posuír unha ampla cultura
C42 Facilidade para as relacións humanas
C46 Capacidade de aprendizaxe autónoma
C51 Formación universitaria específica
D3 Coñecementos xerais sobre a área de estudo (lingüística, linguas galega, española, portuguesa, latina, literaturas, tecnoloxías, estudios culturais)
D5 Capacidade de xerar novas ideas.
D7 Apreciación da diversidade e a multiculturalidade.
D11 Capacidade para manexar a bibliografía consultada e para citala axeitadamente.
D13 Comunicación oral e escrita na lingua propia. Prestarase especial atención ao coñecemento e correcto uso das 2 linguas cooficiais da Comunidade Autónoma de Galicia
D21 Razoamento crítico
D22 Recoñecemento da diversidade e a multiculturalidade
D28 Adaptación a novas situacións
D29 Comprensión doutras culturas e costumes
D33 Sensibilidade co medio
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000