| Código |
Descrición |
| A3 |
Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
| A4 |
Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
| B2 |
Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permita ao estudantado acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar. |
| B4 |
Mellora da capacidade de comunicación en español, galego e portugués en diferentes contextos profesionais, traballando as destrezas de comprensión e expresión orais e escritas. |
| B6 |
Ser quen de apreciar outras culturas e expresións artísticas e competentes para sensibilizar á contorna propia na apreciación da diversidad intercultural. Explorar ademais as repercusións sociais, profesionais, educativas e culturais dos usos lingüísticos e da aprendizaxe das linguas estudadas no grao. |
| B9 |
Posuír as habelencias de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando de xeito autónomo baseándose nos coñecementos adquiridos e no uso das novas tecnoloxías. |
| B10 |
Integrar coñecementos e poder desenvolver un proceso de comunicación sólido a partir dunha información que, aínda que sexa incompleta, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas ao proceso comunicativo. |
| C1 |
Perfecto dominio instrumental das linguas galega, española e portuguesa. |
| C12 |
Coñecemento da evolución histórica interna e externa do galego. |
| C13 |
Coñecemento da situación sociolingüística da lingua galega/española. |
| C15 |
Coñecemento das repercusións lingüísticas e interculturais do contacto de linguas. |
| C16 |
Coñecemento da historia dos países da Península Ibérica. |
| C24 |
Coñecemento de culturas e civilizacións estranxeiras |
| C30 |
Destreza para a procura de información/documentación |
| C34 |
Posuír unha ampla cultura |
| C42 |
Facilidade para as relacións humanas |
| C46 |
Capacidade de aprendizaxe autónoma |
| C51 |
Formación universitaria específica |
| D3 |
Coñecementos xerais sobre a área de estudo (lingüística, linguas galega, española, portuguesa, latina, literaturas, tecnoloxías, estudios culturais) |
| D5 |
Capacidade de xerar novas ideas. |
| D7 |
Apreciación da diversidade e a multiculturalidade. |
| D11 |
Capacidade para manexar a bibliografía consultada e para citala axeitadamente. |
| D13 |
Comunicación oral e escrita na lingua propia. Prestarase especial atención ao coñecemento e correcto uso das 2 linguas cooficiais da Comunidade Autónoma de Galicia |
| D21 |
Razoamento crítico |
| D22 |
Recoñecemento da diversidade e a multiculturalidade |
| D28 |
Adaptación a novas situacións |
| D29 |
Comprensión doutras culturas e costumes |
| D33 |
Sensibilidade co medio |