Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Oferta de Materias Específicas de Departamentos para Alumnos ISEP, Erasmus e Visitantes
 Materias
  Comunicación intercultural
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2019_20
Materia Comunicación intercultural Código ODIEV01DIEH12004
Titulacion
Oferta de Materias Específicas de Departamentos para Alumnos ISEP, Erasmus e Visitantes
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 OP 1 2c
Lingua impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Tradución e lingüística
Coordinador/a
Rodríguez Yáñez, Xoan Paulo
Correo-e xoanp@uvigo.es
Profesorado
Rodríguez Yáñez, Xoan Paulo
Sentí Janssen, Alicia
Web
Descrición xeral Nesta materia enfocaremos a comunicación desde a perspectiva intercultural. O punto de partida son pois, por unha banda, (a) as chamadas premisas culturais (adquiridas na nosa socialización e nas que se basean os nosos patróns comunicativos), sobre cuxa base os falantes creamos acción interaccional con outros falantes; doutra banda, (b) as identidades e os estilos conversacionais, non só entendidos culturalmente senón tamén como individuacións da fala.
Deste xeito, o cultural-aprendido sitúanos dentro de culturas (a cultura chinesa, a alemá, etc.) e de sub-culturas (sub-culturas de xénero, de idade, rexionais, etc.), que aplicamos na interacción social, e tanto na nosa vida privada (familiar, de pandilla, de parella, local, etc.) como na nosa vida pública (socialización escolar e universitaria, laboral, aprendizaxe de novas L2, etc.).
Os contidos, as prácticas e as lecturas estarán orientados a capacitar ao alumnado para unha análise reflexiva da súa propia experiencia intercultural (persoal, familiar, educativa, de parella, etc.) e a da súa contorna; tanto no seu país de orixe como a través da súa experiencia como aprendiz de linguas (L2, L3, L4, etc.) e, no caso concreto da súa estancia en Vigo, como aprendiz de español nunha situación de inmersión cultural na que, de maneira constante, atópase en situacións de comunicación intercultural nas que son frecuentes as disfuncións comunicativas (malentendidos e incompresións).
As pequenas tarefas de investigación desenvolvidas contribuirán á sensibilización respecto das implicacións comunicativas, emocionais, identitarias, culturais e educativas que posúe a perspectiva intercultural, aplicada ademais á súa aprendizaxe dunha nova lingua no seo dunha nova cultura.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000