Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Oferta de Materias Específicas de Departamentos para Alumnos ISEP, Erasmus e Visitantes
 Materias
  Lingua, sociedade e cognición
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas A profesora formulará problemas prácticos relacionados coas explicacións desenvolvidas nas leccións maxistrais e o alumnado deberá buscar as solucións correctas. Unha parte desta metodoloxía realizarase en clase e outra parte de forma autónoma. 25
CB3
CE5
CT1
CT7
Estudo previo Tarefa individual de descrición e comentario dun texto da lingua materna, ou ben de procura e análise de fontes documentais. Será programado e supervisado pola profesora. 50
CB3
CG9
CE5
CT1
CT6
CT7
CT8
Exame de preguntas obxectivas Proba de preguntas curtas na que se buscará que o alumnado demostre que comprendeu os conceptos básicos. Buscaranse na medida do posible exemplos prácticos máis que definicións teóricas. 25
CB3
CE5
CT1
CT7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Haberá unha segunda oportunidade, no mes de xullo, para o alumnado que non consiga superar a materia. Como nese momento non haberá resolución de problemas, para aprobar será necesario presentar un traballo por escrito de acordo coas indicacións recibidas para o estudo previo (50 % da avaliación) e facer un exame (50% da avaliación).


Se se detecta copia nunha proba de avaliación anularase o exercicio, e a cualificación da proba será 0.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000