Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Oferta de Materias Específicas de Departamentos para Alumnos ISEP, Erasmus e Visitantes
 Materias
  Introdución á literatura clásica antiga (I): A literatura grega ata o século IV a.c.
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A2 Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A3 Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A5 Que os estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B1 Capacitación do estudantado para que adquira coñecementos lingüísticos e literarios.
B2 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permita ao estudantado acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
B4 Mellora da capacidade de comunicación en español, galego e portugués en diferentes contextos profesionais, traballando as destrezas de comprensión e expresión orais e escritas.
B6 Ser quen de apreciar outras culturas e expresións artísticas e competentes para sensibilizar á contorna propia na apreciación da diversidad intercultural. Explorar ademais as repercusións sociais, profesionais, educativas e culturais dos usos lingüísticos e da aprendizaxe das linguas estudadas no grao.
C2 Coñecemento da gramática das linguas galega, española e portuguesa.
C6 Coñecemento dos conceptos e métodos da análise literaria.
C10 Coñecemento dos conceptos e métodos da literatura comparada.
C11 Coñecemento da evolución histórica interna e externa do español.
C15 Coñecemento das repercusións lingüísticas e interculturais do contacto de linguas.
D1 Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica
D4 Capacidade para adaptarse a novas situacións.
D6 Capacidade de xestionar a información.
D7 Apreciación da diversidade e a multiculturalidade.
D8 Habilidade para traballar de forma autónoma.
D9 Capacidade crítica e de autocrítica.
D10 Capacidade de análise e síntese.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000