Guia docente 2023_24
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Master Universitario en Dirección TIC para a defensa
 Materias
  Seguridade en sistemas de información
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Actividades de aplicación dos coñecementos nun contexto determinado e de adquisición de habilidades básicas e procedimentales en relación coa materia, a través do uso do TIC. Permiten avaliar os coñecementos e habilidades do alumno/a. Realizaranse catro actividades entregables (AE1, AE2, AE3 y AE4). As tres primeiras serán avaliadas durante a fase a distancia: AE1 y AE2 abarcarán o tema 3, mentras que AE3 abarcará o tema 4 da asignatura. No caso do entregable AE4, este realizarase durante a fase presencial. Cada entregable puntuará un 10% da nota final. 40 A6
A7
A8
A9
A10
B1
B2
B7
C18
D4
Autoavaliación Mecanismo no que, por medio dunha serie de preguntas ou actividades, posibilítase que o alumno/a avalíe de maneira autónoma o seu grao de adquisición de coñecementos e habilidades sobre a materia, permitindo unha autorregulación do proceso de aprendizaxe persoal. Realizarase un cuestionario (AV) que abarcará os temas (do 1 ao 8) e que se realizará durante a fase a distancia. 10 A6
A7
A8
A9
A10
B1
B2
B7
C18
D4
D6
Presentación Exposición por parte do alumnado, de maneira individual ou en grupo, dun tema relacionado cos contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto, etc. A través da presentación pódense avaliar coñecementos, habilidades e actitudes. Este traballo de presentación (T) será avaliado durante a fase presencial. 20 A6
A7
A8
A9
A10
B1
B2
B7
C18
D4
D6
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba de avaliación que inclúe preguntas abertas e/ou exercicios, sobre un tema. Os alumnos/as deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñan sobre a materia nunha resposta argumentada. Pódese utilizar para avaliar coñecementos e habilidades. Realizase unha proba escrita (PE) ao final da fase presencial, na que se
avaliarán tódolos temas e contidos da asignatura (incluíndo os contidos da fase a distancia e da presencial).
30 A6
A7
A8
A9
A10
B1
B2
B7
C18
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Se denominamos MED_CON á nota media de avaliación continua, que se calcula como:

MED_CON = 0.1*AE1 + 0.1*AE2+ 0.1*AE3 + 0.1*AE4 + 0.1*AV + 0.2*T + 0.3*PE

Será necesario sacar unha calificación non inferior ao 50% para superar a materia.

En caso de avaliación en convocatoria extraordinaria o alumno terá a opción de volver realizar (total ou parcialmente) as seguintes actividades de avaliación:

  • Actividades de autoavaliación (test)
  • Avaliación de entregables (prácticas)
  • Presentacións e/ou exposicións
  • Proba escrita

Mentres que a participación en foros incluirase dentro das actividades de autoavaliación

Aquelas actividades que o alumno decida repetir re-avaliaranse, perdendo a nota da convocatoria anterior. A proba escrita realizarase on-line.

COMPROMISO ÉTICO:

Espérase que o alumnado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudiantado da Universidade de Vigo, o emprego de procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a calificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a calificación global tivese a proba en cuestión e sen perxuicio das posibles consecuencias de índole disciplinaria que puidesen producirse .

No caso de que exista algunha diferencia entre as guías en galego/español relacionada coa avaliación prevalecerá sempre o indicado na guía docente en español.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000