Observación sistemática |
Como parte da avaliación da actividade levada a cabo polo alumno/a na institución sanitaria, a observación sistemática realizarase para a avaliación continuada coa observación directa, que se desenvolve mediante un seguimento personalizado do estudante a través do/a supervisor/a, dos/os enfermeiros/os asistenciais colaboradores de prácticas clínicas onde realiza as súas actividades formativas, e dos profesores da materia. Para a emisión do informe, utilízase a ficha para a observación sistemática remitida pola escola, onde se recollen os resultados esperados na avaliación das competencias: coñecementos, habilidades, actitudes e aptitudes a través do grao na consecución dos resultados de aprendizaxe do estudante. Para iso, os/as evaluadores/as, no centro, existe un documento de apoio accesible desde a páxina web, acceso: http://www.enfermeria.depo.es/practicas-clinicas coa información necesaria para dotalos dunha ferramenta idónea que facilite a aplicación dos criterios de avaliación de maneira obxectiva, en función das intervencións NIC e do modelo das 14 necesidades básicas de V. Henderson, de maneira que poidan consultar e aplicar na avaliación uno ou outro modelo indistintamente. Ten que ser superada co 50% do seu valor. |
45 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18
|
C4 C8 C10 C11 C12 C13 C15 C17 C18 C19 C22 C23 C24 C25 C26 C29 C31 C33 C35 C36 C37 C49 C50
|
D1 D2 D3 D4 D5 D6 D7 D8 D9 D10 D11
|
Simulación ou Role Playing |
Avaliación da actividade levada a cabo polo alumno/a na institución sanitaria: nas probas de simulación enfermeira baseadas na aplicación de coidados baixo a taxonomía NANDA, NOC, NIC, o/a estudante, na data establecida
9 de maio do 2025 as 10.00h e ás 16.30h (1ª oportunidade)
e 6 e 7 de xullo de 2025 ás 10.00 e 16.30 (2ª oportunidade),
realizará unha proba práctica obrigatoria como requisito indispensable para a superación da materia. De non aprobar esta proba co 50% do seu valor, non se poderán sumar as outras probas avaliables. Proba que se realizará na aula de simulación para avaliar o grao na adquisición das competencias que o/a estudante necesariamente debe adquirir.
Como condición previa necesaria para superar a proba establece que o alumnado presentará no prazo establecido o traballo indicado polo equipo docente relacionado coa taxonomía NANDA, NOC, NIC. |
25 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18
|
C4 C8 C10 C11 C12 C13 C15 C17 C18 C19 C22 C23 C24 C25 C26 C29 C31 C33 C35 C36 C37 C49 C50
|
D1 D2 D3 D4 D5 D6 D7 D8 D9 D10 D11
|
Cartafol/dossier |
Documento de autoevaluación no que a/o estudante rexistra, seguindo as normas reflectidas no documento, a relación co usuario, a integración no equipo de traballo, anotando as intervencións e procedementos realizados, valora os seus logros e determina os factores que poden influír na súa actuación. Avaliarase a coherencia. A súa elaboración é obrigatoria como parte da avaliación da memoria.
Data de entrega: até o día 7 de maio 2025 ás 14.00h.
Non se recollerá ningún cartafol despois de data de fin de entrega. |
4 |
|
|
|
D1 D3 D4 D5 D6 D7 D8
|
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas |
Elaboración, obrigatoria, por parte do/a alumno/a, dun documento no que se reflicten os resultados obtidos, observacións, análises e reflexións sobre a súa experiencia práctica nos servizos especiais, atención especializada e atención primaria que xunto coa calidade do documento presentado e a cumplimentación das normas de estrutura e estilo recollidas no seu cartafol, constitúen os criterios de avaliación.
Data de entrega: até o día de maio 2025 ás 14.00h
Non se recollerá ningunha memoria superada dita data. |
20 |
A3
|
|
|
D1 D2 D3 D7 D8
|
A guía de prácticas clínicas recolle os procedementos, normas e instrucións que lle afectan directamente a esta materia, polo que é obrigatorio o seu coñecemento. Todo o alumnado, antes do inicio das prácticas clínicas, debe asinar o documento de confidencialidade incluído no protocolo; Pautas básicas para asegurar e protexer o dereito a intimidade do paciente polo alumnado e residentes en Ciencias da Saúde. Si o/a estudante non presenta a memoria e o cartafol nas datas establecidas na primeira oportunidade, suspenderá as prácticas, e deberá esperar até a apertura do período de avaliación da segunda oportunidade para presentalo, para que o/a alumna/póidao ser avaliado. |