Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Presencial)
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía xeral
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Socioloxía: Socioloxía xeral Código P07G092V01108
Titulación
Grao en Dirección e Xestión Pública (Presencial)
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 2c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
Torres Outón, Sara María
Correo-e saratorres@uvigo.es
Profesorado
Torres Outón, Sara María
Web
Descrición xeral Con esta materia perséguese non só formar senón sensibilizar ao alumnado en cuestións básicas do saber sociolóxico. Calquera profesional que preste servizos a través da administración pública ou entidades privadas, debe comprender e poder analizar como as estruturas e relacións interferen na vida cotiá grupos e persoas, e organizacións. A realidade social ha de entenderse sabendo que o comportamento humano e os procesos sociais responden a normas de comportamento socialmente compartidas e valores culturais predominantes. Aplicaranse os coñecementos (conceptos, teorías, etc.) a situacións ou problemas reais actuais, polo que nesta materia terán cabida noticias, debates e cuestións sobre temas de actualidade.

Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000