Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Presencial)
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía xeral
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Cartafol/dossier Os exercicios individuais formarán parte do cartafol do alumnado, nel recolleranse as evidencias do traballo realizado e valoración das competencias alcanzadas. 10 A1
A2
A3
A4
A5
B6
C4
D1
D2
Resolución de problemas de forma autónoma Participación na aula. Ideonidade da intervención (claridade na exposición, argumentación, comunicación oral) 35 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B5
C4
C5
C15
D1
D2
Traballo tutelado Ideonidade da proposta, claridade na exposición, argumentación, redacción. Adecuación ás condicions do traballo. 15 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B5
B6
C4
C5
C15
D1
D2
D5
D6
Exame de preguntas obxectivas Preguntas tipo test de elección múltiples e preguntas curtas sobre contidos teóricos e de aplicación do coñecemento. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B5
C15
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


EVALUACIÓN CONTINUA E EVALUACIÓN GLOBAL 

A priori enténdese que todo o estudantado segue a avaliación continua, cuxo compromiso adquírese coa participación nas actividades de avaliación. Aquela persoa que desexe presentarse a unha única proba na data oficial (avaliación GLOBAL) debe comunicalo segundo indica a normativa durante o primeiro mes desde que comeza o curso. A avaliación GLOBAL constará dunha proba final xeral coa que é posible medir todas as competencias, por iso a proba será diferente á do estudantado de avaliación continua. A cualificación final do estudantado de avaliación continua será a media das cualificacións acadadas nas actividades realizadas nos Grupos Reducidos (60% da nota final) e no exame final. Para calcular a nota media é obrigatorio alcanzar unha puntuación mínima de 4 puntos nas actividades dos Grupos Reducidos e no exame. Se nalgunha destas partes non se chega aos 4 puntos, a nota que constará na avaliación será suspensión coa nota numérica que corresponda unha vez obtida a media entre ambas partes, agás no caso de ser superior a 5, no que se outorgará unha puntuación de 4,9. A persoa que non se presente ao exame constará como Non Presentado, aínda que entregara actividades de avaliación continua. Respecto ás actividades realizadas nos Grupos Reducidos, a ponderación repártese de:

  • Dossier (10%): portafolio individual con evidencias das probas desenvolvidas e reflexión sobre o desenvolvemento de cada actividade en termos de competencias desenvolvidas e coñecementos adquiridos, e proposta de mellora para que a actividade contribuíse de forma máis axeitada ao proceso de aprendizaxe.
  • Estudo de caso (35%): conxunto de actividades desenvolvidas nos grupos reducidos con intercambio de ideas, exposición e debate na aula.
  • Traballo tutelado (15%): consiste na elaboración dun informe no que será posible avaliar unha parte de análise individual (7,5% da nota) e outra parte do traballo conxunto realizado en grupo (7,5%).

A asistencia ás clases, así como a actitude, boa disposición e participación nas mesmas terase en conta positivamente para o rendemento e matrícula de honra.

APRENDIZAXE BASEADO EN PROXECTOS

De forma voluntaria, o estudantado pode substituír a metodoloxía/proba "traballo tutelado" por "aprendizaxe baseado en proxectos". En lugar de desenvolver un pequeno proxecto de investigación a través de fontes primarias ou secundarias, continuarán co traballo realizado con esta metodoloxía na asignatura Gobernanza, Globalización e Dereitos Humanos. A proposta do estudantado e despois de establecer obxectivos e procedementos autorizados polo docente, é posible aplicar esta metodoloxía a outro proxecto.

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 

Durante o mesmo curso académico, manteranse as notas das probas superadas na primeira convocatoria (ordinaria) para a segunda convocatoria (extraordinaria). Poderanse entregar probas non realizadas ou suspensas, hagás aquelas que se realizaron na aula e nonexa posible recuperar a puntuación relativa á participación e asistencia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000