Guia docente 2026_27
Facultade de Deseño
Grao en Deseño
 Materias
  Laboratorio integrado: Procesos de produción
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Proba final de avaliación de coñecemento de contidos teóricos 20 C4
C5
Resolución de problemas Realizaranse varias entregas (cun mínimo de 4) de problemas ou exercicios que se avaliarán de forma independente, tendo en conta a execución técnica e conceptual axeitada das formulacións, procesos e procedementos 40 C4
C15
C16
D3
Traballo tutelado Desenvolvemento dun proxecto específico que integre os contidos procedementais, materiais e conceptuais básicos da materia. 40 A5
C4
C5
C15
C16
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

O alumnado acollido á modalidade de avaliación continua deberá entregar todos os traballos, exercicios e probas correspondentes, así como cumprir coa asistencia obrigatoria, para poder ser avaliado mediante esta modalidade.

Para superar a materia será necesario obter unha media mínima de 5, calculada a partir das porcentaxes establecidas en cada un dos bloques de avaliación.

Será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 4 en cada bloque e exercicio para que se poida calcular a nota media final.

A avaliación realizarase do seguinte xeito:

    • Proba final teórica / lección maxistral: avaliación dos coñecementos teóricos da materia — 20%

    • Resolución de problemas e/ou exercicios: varias entregas independentes que se cualificarán de forma individual, tendo en conta a execución técnica e conceptual axeitada das formulacións, procesos e procedementos — 80%


Avaliación global:

O alumnado que opte pola modalidade de avaliación global deberá comunicalo por escrito á persoa responsable da materia no prazo máximo dun mes desde o inicio da docencia.

Esta elección suporá a anulación automática de todas as cualificacións obtidas mediante o sistema de avaliación continua.

Neste caso, a avaliación realizarase do seguinte xeito:

    • Proba final teórica / lección maxistral: avaliación dos coñecementos teóricos da materia — 20%

    • Resolución de problemas e/ou exercicios: varias entregas independentes que se cualificarán de forma individual, tendo en conta a execución técnica e conceptual axeitada das formulacións, procesos e procedementos — 80%


Convocatoria extraordinaria:

Na convocatoria extraordinaria, o alumnado deberá presentar e superar o mesmo número de traballos, e segundo as mesmas características requiridas na metodoloxía de avaliación global.

Os exercicios deberán ser presentados dentro dun exame final, que terá lugar durante o período oficial de exames.

A avaliación nesta convocatoria será a seguinte:

    • Proba final teórica / lección maxistral: avaliación dos coñecementos teóricos da materia — 20%

    • Resolución de problemas e/ou exercicios: varias entregas independentes que se cualificarán de forma individual, tendo en conta a execución técnica e conceptual axeitada das formulacións, procesos e procedementos — 80%

Non entregar algún dos exercicios suporá a cualificación de suspenso na materia, tanto na convocatoria ordinaria como na extraordinaria.


Fechas de avaliación:

As datas das probas de avaliación aprobadas polo centro poden consultarse na súa páxina web oficial.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000