Resolución de problemas de forma autónoma |
O TFM será elaborado de forma individual por cada estudante e reflectirá de maneira ordenada e exhaustiva os pasos do proceso que lle conduciron á creación da súa Colección fin de estudos
Para o que o TFM constará obrigatoriamente das seguintes partes
a) Estruturación e presentación dunha Colección
b) Memoria descritiva do traballo
a) Estruturación e presentación dunha Colección
Deseñarase e elaborará unha colección de pezas que constitúan unha unidade temática de entre 8 e 10 conxuntos, todos eles cunhas coordenadas necesarias (coherencia e interrelación na selección de tecidos, cores, estampados, texturas...) para consideralas dunha mesma familia, cunha dirección conceptual e estética na que se expresen o máximo de posibilidades formais.
Todas as pezas presentadas deberán ter un nivel de acabado “profesional”, e cada estilismo será proposto cos seus accesorios e complementos correspondentes. |
60 |
A1 A2 A3 A5
|
B2 B3 B6 B7 B8 B9 B10 B12
|
C2 C7 C8 C9 C10 C11
|
D2 D3 D5 D7 D8 D9 D10 D11 D12
|
Cartafol/dossier |
Xunto coa Colección presentarase un documento escrito e encadernado que recolla o proceso de investigación e creación do proxecto, de entre 30 e 40 páxinas. A memoria elaborarase á maneira dun ensaio e deseño completamente libres. Aínda que, deberá conter as seguintes unidades conceptuais:
Fundamentación do proxecto, motivacións, intereses persoais, obxectivos, referentes, moodboard…
Metodoloxía, procedementos e porceso de traballo seguidos, técnicas, materiais empregados, debuxos e ilustracións previas dos deseños, figurines, grafismo, paleta de cores, fichas técnicas…
Lookbook, conclusións, fotografías das pezas da colección, fotografías escenificadas, complementos, detalles...
Bibliografía: onde se enumeran nun formato normalizado as fontes consultadas, traballos, textos, libros, catálogos, revistas, etc.
Recoméndase facer uso da normativa |
30 |
A4
|
B1 B4 B5 B11
|
C1 C3 C4 C5 C6
|
D1 D4
|
Datas importantes, calendario, normativa e cronograma anual publicado a través do MOOVI Consultar Calendario anual Defensa TFM 1 oportunidade 22 de novembro 2024 Defensa TFM 2 oportunidade 25 de xuño 2025 Defensa TFM 3 oportunidade 10 de setembro 2025 Consultar normativa TFM publicada en MOOVI |