Guia docente 2023_24
Facultade de Deseño
Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda
 Materias
  Proxectos de Deseño de Moda I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado IMPRESCINDIBLE asistir de forma continuada e activa a clase (poderase pedir aleatoriamente entrega de exercicios puntuais desenvolvidos en horario de clase).

Requírese e valórase a participación activa nas clases, seguimento das entregas intermedias e continua corrección das pezas . É imprescindible asistir ás clases de taller completas. Os debates de análise tanto a partir das propostas propias como as de de todolos exercicios que se estan a xerar na aula forman parte do plan formativo.
40 A1
A2
B9
B10
B12
C1
C9
C11
D5
D7
D8
Resolución de problemas de forma autónoma Entregaránse un mínimo de dous volumes/prendas completas desenvolvida
Terase en conta:
- A orixinalidade das propostas, e a destreza na súa execución
- O acabado das pezas
- O desenvolvemento das propostas dende unha perspectiva conceptual e formal
- O equilibrio entre a achega creativa e a calidade funcional.
60 A2
B9
B12
C1
C9
C11
D5
D7
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua: Serán aplicados as porcentaxes e conceptos anteriores

Avaliación global: O estudantado que opte pola modalidade de avaliación
global deberá comunicarllo por escrito ao responsable da materia no prazo
máximo dun mes dende o inicio da docencia da materia e suporá a anulación automática de todas as cualificacións obtidas polo método de avaliación continua.

Esta modalidade consistirá nunha entrega dun mínimo de 5 volumes/prendas completas desenvolvidas nas que se terá en conta á hora de avaliar
- A orixinalidade das propostas, e a destreza na súa execución
- O acabado das pezas
- O desenvolvemento das propostas dende unha perspectiva conceptual e formal
- O equilibrio entre a achega creativa e a calidade funcional.


SEGUNDA
CONVOCATORIA

Avaliación continua:  Na convocatoria de xullo avaliaranse as competencias non adquiridas en
primeira convocatoria.  Deberase facer entrega do mesmo material
solicitado na primeira convocatoria.

Avaliación global:O estudantado que opte pola modalidade de avaliación
global deberá comunicarllo por escrito ao responsable da materia no
prazo
máximo dun mes dende o inicio da docencia da materia e suporá a
anulación automática de todas as cualificacións obtidas polo método de
avaliación continua.


Esta
modalidade consistirá nunha entrega dun mínimo de 5 volumes/prendas
completas desenvolvidas nas que se terá en conta á hora de avaliar
- A orixinalidade das propostas, e a destreza na súa execución
- O acabado das pezas
- O desenvolvemento das propostas dende unha perspectiva conceptual e formal
- O equilibrio entre a achega creativa e a calidade funcional.




Consultar as datas oficiais de exame na páxina web da titulación https://deseno.uvigo.gal/
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000