Guia docente 2018_19
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Campañas de imaxe e de relacións públicas
   Competencias
Código Descrición Tipoloxía
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
  • saber facer
CE9 Coñecemento das estratexias de comunicación e o seu desenvolvemento creativo, aplicables en todo tipo de organizacións, así como das metodoloxías necesarias para a súa análise, auditoría e avaliación.
  • saber
CE12 Destrezas analítico-sintéticas: capacidade e habilidade para establecer a estratexia, planificación e procesos propios da comunicación publicitaria e das relacións públicas.
  • saber facer
CE15 Capacidade para a xestión económica e orzamentaria no ámbito da actividade publicitaria e das relacións públicas.
  • saber facer
CT2 Competencias creativas: capacidade para a creatividade, a innovación e a adaptación ao cambio.
  • saber facer
CT3 Competencias colaborativas: capacidade de adaptación aos obxectivos e valores organizativos e de traballo en equipo.
  • saber facer
CT6 Competencias directivas: preparación para asumir o risco na toma de decisións.
  • Saber estar / ser
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000