Seguindo o que establece o Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (Aprobado no claustro do 18 de abril de 2023), son dous os sistemas de avaliación, continua e global. O alumnado deberá escoller no primeiras catro semanas do cuadrimestre entre un dos dous sistemas de avaliación. De optar pola avaliación global, a alumna ou alumno informará o docente da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continúa no prazo establecido polo centro para tal fin, axuntado cuberto e asinado o documento habilitado para tal fin. O detalle nas metodoloxías recollidas na táboa precedente corresponde ao sistema de avaliación continua. O cálculo da cualificación final neste sistema será ponderado como se especifica na táboa. A persoa non se presente ao exame da convocatoria oficial de exame constará como Non presentado (N.p.), aínda que fixese seguimento das actividades de avaliación continua. De optar polo sistema de avaliación global, na data e horarios previstos polo centro no calendario de exames oficial, o estudante deberá realizar o mesmo exame que realice o alumnado acollido ao sistema de avaliación continua, no que se combina a resposta a preguntas tipo test, e preguntas de desenvolvemento escrito sobre os coñecementos, habilidades e competencias da materia (supoñerá o 40% da cualificación). Ademais do anterior exame, realizará un exercicio de comentario por escrito dun texto proporcionado polo docente (supoñerá o 20% da cualificación). Por último, fará entrega dunha porfolio de recensiones sobre un conxunto de textos seleccionados polo docente, dos que se informa na páxina de teledocencia da materia. Habilitarase un espazo na páxina de teledocencia para subir unha copia dixital do cartafol, no que se atoparán as referencias dos textos para traballar, e indicacións sobre a extensión e formato (supoñerá o 40% da cualificación). A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma MooVi. É responsabilidade do alumnado estar atento á información subida e recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia. Na data da segunda oportunidade da convocatoria oficial da materia manteranse as notas das probas superadas na primeira convocatoria. |