Guia docente 2020_21
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Ciencia política: Gobernanza, globalización e dereitos humanos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición do contido temático dos distintos epígrafes referenciados nos contidos da materia a través de medios audiovisuais.
Resolución de problemas Análise, reflexión e exposición de cuestións que teñan que ver coas principais problemáticas suscitadas nas clases teóricas realizadas a través da lección maxistral. O alumnado terá á súa disposición a asistencia do docente para facilitar o desempeño desta actividade.
Prácticas de laboratorio Resolución de casos prácticos. O alunado terá á súa disposición a asistencia do docente para facilitar o desempeño desta actividade.
Estudo de casos Estudo, análise, reflexión e exposición de casos e traballo tutelado sobre as cuestións tratadas na materia. O profesorado asistirá ao alumnado naquelas cuestións e dúbidas que se lle expoñan.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000