Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñaría Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Fundamentos de economía da empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas Co obxectivo de incentivar o traballo regular e continuo do alumnado no desenvolvemento da materia, valorarase, a realización das actividades programadas. 20
CE4
CT6
Exame de preguntas obxectivas Trátase dunha proba a final de curso orientada á aplicación dos conceptos desenvolvidos na materia 80
CE4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Esta materia impártese en réxime PRESENCIAL polo que o alumnado debe asistir ás sesións teóricas e prácticas no horario establecido polo centro. Isto supón que o único sistema de avaliación é o contemplado nesta guía. O sistema de avaliación da materia apóiase en tres elementos:
a) Superación da parte práctica, coa realización das actividades programadas. (2 puntos).
b) Superación da parte teórica, mediante un exame escrito que se realizará na data sinalada polo centro. (8 puntos)
c) A asistencia e participación do alumnado nas clases teóricas e prácticas.

É requisito indispensable para sumar a parte práctica polo menos sacar un 4 sobre 10 puntos no exame teórico.

CONVOCATORIA XULLO/EXTRAORDINARIA

A forma de avaliación na convocatoria de xullo e extraordinaria é a mesma que en xaneiro.
a) Non existe posibilidade de mellorar a nota da parte práctica para a convocatoria de xullo, xa que se trata de actividades programadas ao longo do curso.
b) Se a materia non é superada nesta convocatoria, o alumno deberá cursala novamente adaptándose á guía docente que estea vixente no curso académico en cuestión e, por tanto, non conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso.


DATAS EXAMES E PUBLICACIÓN DE NOTAS:

As datas dos exames, segundo o calendario oficial aprobado polo centro, son as seguintes: 

Primeira convocatoria: 23 de xaneiro de 2020, 10:00 horas.

Segunda convocatoria: 29 de xuño de 2020. 12:00 horas.


A publicación das notas provisionais farase no taboleiro oficial do centro e na Secretaría Virtual.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000