AVALIACIÓN CONTINUA: A avaliación realizarase en dous apartados: avaliación
de contidos teóricos e avaliación das prácticas de
laboratorio. A avaliación dos contidos teóricos: será
a suma da nota do exame final dos contidos teóricos (que terá
un peso do 35% no global da avaliación), tests de
preguntas obxectivas, traballos propostos de resolución de
exercicios e proxectos (que terán un peso do 5% cada un
deles no global da avaliación). A avaliación das prácticas de laboratorio: será
a suma da nota do exame final de prácticas de laboratorio (que
terá un peso do 35% no global da avaliación), a
asistencia e rendemento durante as sesións prácticas realizadas, as prácticas
entregadas e os traballos complementarios (que terán
un peso do 5% cada un deles no global da avaliación). A asistencia as prácticas de laboratorio é obrigatoria. A nota final será a suma da avaliación dos contidos
teóricos e da avaliación das prácticas de laboratorio.
Únicamente se fará a suma de ambalas dúas notas si se obten polo menos un 2.0 en
cada unha delas. A materia considerárase aprobada se a nota final é de polo
menos un 5.0. Para a convocatoria de xullo unicamente se lle esixirá ao estudante que repita os procedementos non acadados durante a avaliación da primeira
convocatoria, manténdose a valoración dos procedementos xa superados. AVALIACIÓN GLOBAL: Consistirá no exame final de teoría (que terá un
peso do 40% no global da avaliación), exame final de
prácticas de laboratorio (que terá un peso do 40% no global da
avaliación) e un traballo práctico sobre bases de datos que se
deberá entregar a través da plataforma MOOVI antes da data oficial do exame da
correspondente convocatoria (terá un peso do 20% no global da
avaliación). É obrigatorio ter como mínimo un 4.0 tanto no
exame de teoría como no de prácticas, para poder aplicar as ponderacións
establecidas. A materia considerárase aprobada se a nota final
é de polo menos un 5.0. Para a convocatoria de xullo unicamente se lle esixirá ao estudante que repita os
procedementos non acadados durante a avaliación da primeira convocatoria,
manténdose a valoración dos procedementos xa superados. Calendario de exames: As datas oficiais e as posibles modificacións están expostas no
taboleiro oficial da E. E. Forestal e na web http://forestales.uvigo.es/gl/docencia/exames |