Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Materias
  Aprendizaxe integrada de contidos en linguas estranxeiras (AICLE)
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Aprendizaxe baseado en proxectos Durante a maioría das sesións presenciais e nas horas de traballo autónomo, o alumnado, organizado en grupos de traballo, desenvolverá un proxecto, que consistirá na elaboración dunha secuencia pedagóxica AICLE para unha das materias do currículum de Educación Primaria ou Infantil.
Actividades introdutorias Na primeira sesión, o profesor proporá unha serie de actividades de activación ou reflexión sobre os programas AICLE en Galicia.
Presentación No data oficial do exame os grupos de traballo presentaran os proxectos desenvolvidos. Cada grupo terá 20 minutos como máximo para a súa exposición, que se realizará en inglés ou francés.
Lección maxistral Na primeira sesión, o profesor explicará os obxectivos, contidos, planificación e metodoloxía docente, avaliación e procedementos de atención personalizada.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000