Traballo tutelado |
Avaliación dos exercicios ou proxectos realizados na aula e/ou das actividades autónomas do estudante |
40 |
A1 A2
|
B1 B2 B3
|
C1 C3 C5 C6
|
D1 D6 D8 D9
|
AVALIACIÓN CONTINUA Este máster ten a modalidade de ensino presencial, polo que a asistencia a clase e a realización dos traballos de aula son obrigatorios para a avaliación continua. Esta asistencia debe ser dun mínimo do 80% da materia. O/a estudante que falte a unha sesión deberá poñerse en contacto co/a docente para realizar a(s) tarefa(s) alternativa(s) correspondente(s) para poder continuar a avaliación continua. Para superar a materia será necesario que os estudantes obteñan en cada proba ou actividade obxecto de avaliación como mínimo o 50% de cualificación nese apartado. AVALIACIÓN GLOBAL O alumnado que non poida seguir a avaliación continua realizará unha proba dos contidos da materia, na data marcada no calendario do mestrado para os exames oficiais Esta proba suporá o 100% da puntuación e os seus pormenores e caracterísiticas serán concretadas polo profesorado o día da presentación da materia e cando se faga a consulta persoalmente.O/a estudante que non supere a avaliación da materia poderá presentarse na segunda convocatoria, no mes de xullo, na que se avaliarán as competencias non adquiridas na 1ª oportunidade. Poden consultarse as datas oficiais de avaliación da materia na web do Mestrado no espazo "exames" e na plataforma de teledocencia. Esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE |