Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Arte e Debuxo
 Materias
  Complementos para a Ensinanza do Debuxo
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais reflectiranse no traballo desenvolvido polo alumnado.
10 B1
B2
C5
Traballo tutelado Traballo no que o/a alumno/a o un grupo de alumnos/as deseña e elabora materias didácticos para a ensinanza das artes en relación ao curriculum.
Traballo colaborativo
30 B1
B2
B10
B14
C1
C2
C3
C4
C5
C8
C9
D1
D2
D3
Debate Percepción atenta, racional, comportamento do alumnado, ante o
desenvolvemento das competencias comunicativas e expositivas.
5 B1
B2
B10
B14
C1
C2
C3
C4
C5
C8
C9
Prácticas con apoio das TIC creación de recursos educativos, farase entrega dos recursos elaborados durante as clases, terase en conta a realización de consultas sobre as dificultades atopadas no traballo autónomo. 10 B2
B10
C3
D2
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o/a docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira
individual ou en grupo.
15 B1
C2
C3
C4
C8
D1
D2
D3
Cartafol/dossier Documento no que o/a alumno/a analiza o traballo realizado para a consecución do material didáctico, reflexiona sobre a
efectividade do prototipo deseñado e autoavalía a aprendizaxe adquirida. Valóranse a estrutura e claridade do documento, o nivel de profundización nos contidos tratados e a capacidade de relacionalos coa súa aprendizaxe.
20 B1
C1
C2
C3
C4
C9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 




O alumnado que siga a avaliación continua terá que entregar todos o traballos, exercicios e probas para ser avaliado nesta modalidade, así como cumprir coa asistencia obrigatoria.

Para superar a materia será necesario obter unha media de 5 calculando as porcentaxes detalladas en cada un dos bloques de

avaliación. É imprescindible ter un 4 como nota mínima en cada un dos bloques para que se proceda a calcular a nota media.

Os alumnos/as que non tiveran asistido ou non cubran a porcentaxe obrigatoria de asistencia durante o curso académico ordinario, deberán superar una proba de contidos teóricos que lles dará dereito á valoración do resto de entregas.

De non ter superada a materia en primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na segunda convocatoria.

O alumnado que opte pola modalidad non presencial, (avaliación global) deberá superar unha proba/ traballo escrita de contidos mínimos teóricos que lle dará dereito á valoración do resto de entregas. Para coñecer o detalle dos contidos e avaliación das entregas terán que contactar, ao inicio da materia, co profesorado responsable concertando tutorías.

 Segunda convocatoria

No caso de alumnos/as, que aínda asistindo regularmente a clase e presentando as entregas parciais puntualmente non logren

superar a materia, deberán presentar na segunda convocatoria so aquelas entregas nas que non alcanzasen a nota mínima de 5. As notas das partes aprobadas conservaráselles durante unha convocatoria, igualmente se procederá coas probas cos alumnos/as que presentándose a avaliación global en 1ªconvocatoria non teñan superado a materia.

As datas de
exames pódense consultar na web do mestrado http://mpe.uvigo.es

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000