Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Arte e Debuxo
 Materias
  Complementos para a Ensinanza do Debuxo
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Desenvolvemento dos temas e contidos da materia a través de explicacións apoiadas mediante exemplos e imaxes.
Traballo tutelado Exercicios e prácticas guiadas con recursos educativos, materiais e técnicas propias da ensinanza das Artes, do Debuxo ou da Educación Plástica.
Debate Posta en común e reflexión sobre os temas e contidos desenvoltos durante as sesións teóricas e prácticas.
Prácticas con apoio das TIC Prácticas na creación de recursos educativos a través de aplicacións online, gratuítas ou libres.
Presentación Presentacións, exposicións públicas e prácticas.
Cartafol/dossier Recompilación do traballo do/a estudante co obxectivo de amosar o traballo realizado na creación do material didáctico, onde se recollen os progresos e logros. A recompilación debe incluír contidos elixidos polo alumno/a, os criterios de selección e evidencias de autorreflexión.
Seminario Actividade enfocada ao traballo sobre un tema específico, que permite afondar ou complementar contidos da materia.
Aprendizaxe colaborativa Procedementos de ensino que parten da organización da clase en pequenos grupos mixtos e heteroxéneos onde o alumnado traballa de forma coordinada entre si para desenvolver tarefas académicas e afondar na súa propia aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000