Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  A educación física como medio de interdisciplinaridade
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral Exposición oral con apoio audiovisual dos contidos da materia obxeto de estudo, bases teóricas e/ou directrices do traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Prácticas con apoio das TIC Uso de recursos informáticos para a búsqueda de información sobre diferentes temas.
Eventos científicos O alumnado poderá achegar documentación doutros eventos educativos que teñan lugar na facultade, universidade ou no contexto social inmediato sempre que axuden ao desenvolvemento exitoso da materia e a asimilación e dominio dos contidos.
Seminario Organizarase un seminario monográfico sobre un tema de actualidade e sempre relacionados cun tema da materia para facilitar a comprensión do contido e a interdisciplinariedade que se dá no ámbito didáctico dada a complexidade do feito educativo.
Aprendizaxe baseado en proxectos Utilizarase como metodoloxía base o Aprendizaxe Basado en Proyectos ou Project Based Learning (PBL) ou a aprendizaxe en servizo. Tratase dun método didáctico que utiliza metodoloxías activas e colaborativas cuio obxectivo é que o alumnado alcance o dominio duns contidos mediante a realización dun proxecto. Siguiendo a Edwards (2000) o proceso para levar a cabo o diseño por proxectos é o seguinte: * Planificación da investigación * Selección do tema * Recollida da información * Aplicación * Análise de datos * Informe * Seguimento e avaliación O proxecto consistirá na elaboración dunha unidade didáctica integrada que se realizará grupalmente ó longo do curso. Cada elemento curricular desta unidade terá un apartado teórico de fundamentación e análise que se realizará a través de consultas documentais e bibliográficas e tamén un apartado de diseño curricular. As diferentes fases do proxecto concretaranse nun produto escrito no ordenador para incorporar na plataforma. A profesora ofrecerá posibles temáticas para a unidade didáctica. A elaboración do proxecto terá varias fases que coinciden co diseño dos elementos curriculares dunha unidade didáctica. Para desenvolver o proxecto o alumnado terá en conta as explicacións teóricas da profesora e o traballo en equipo cos compañeiros donde se realizará unha retroalimentación do proceso para correxir o antes posible os posibles erros no desenvolvemento do proxecto, e a experiencia dos compañeiros de outros cursos o que permitirá una coavaliación do proceso. Utilizaranse diferentes estratexias didácticas, como a gamificación, técnicas cooperativas ou a aula invertida e recursos e materiais propios de cada disciplina. No desenvolvemento do proxecto cumpren un papel fundamental as contornas virtuais de aprendizaxe que neste caso virán desenvolvidas a través da plataforma (MOOVI).
Probas Descrición
Proxecto O proxecto consistirá na elaboración dunha unidade didáctica interdisciplinar que se realizará de maneira grupal.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000