Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  A educación física como medio de interdisciplinaridade
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Nos primeiros días de clase explicarase o programa da materia.
Lección maxistral A clase magistral será utilizada para a explicación dos contidos teóricos. Constitúe a actividade presencial na aula mediante o uso de medios persoais e audiovisuais. Estas leccións estrutúranse en catro partes: introdución, desenvolvemento, conclusións e discusión explicar e aclarar os conceptos clave, tanto teóricos como prácticos. As sesións maxistrais realizaranse con
todo o grupo clase para que o alumnado domine os principios e conceptos traballados e adquira
unha cultura argumentativa que lle axudará a resolver as partes teóricas do proxecto.
Resolución de problemas de forma autónoma Traballo individual autónomo.
Prácticas con apoio das TIC Procura e practica con recursos TIC.
Eventos científicos O alumnado poderá achegar documentación doutros eventos educativos que teñan lugar na facultade, universidade ou no contexto social inmediato sempre que axuden ao desenvolvemento exitoso da materia e a asimilación e dominio dos contidos.
Seminario Organizarase un seminario monográfico sobre un tema de actualidade e sempre relacionados cun
tema da materia para facilitar a comprensión do contido e a interdisciplinariedade que se dá no ámbito didáctico dada a complexidade do feito educativo.
Aprendizaxe baseado en proxectos Utilizarase como metodoloxía base o Aprendizaxe Basado en Proyectos ou Project Based Learning (PBL) ou a aprendizaxe en servizo. Tratase dun método didáctico que utiliza metodoloxías activas e colaborativas cuio obxectivo é que o alumnado alcance o dominio duns contidos mediante a realización dun proxecto.
Siguiendo a Edwards (2000) o proceso para levar a cabo o diseño por proxectos é o seguinte:
* Planificación da investigación
* Selección do tema
* Recollida da información
* Aplicación
* Análise de datos
* Informe
* Seguimento e avaliación.
O proxecto consistirá na elaboración dunha unidade didáctica integrada que se realizará en grupo ó longo do curso. Cada elemento curricular desta unidade terá un apartado teórico de fundamentación e análise que se realizará a través de consultas documentais e bibliográficas e tamén un apartado de diseño curricular. As diferentes fases do proxecto concretaranse nun produto escrito no ordenador para incorporar na plataforma. A profesora ofrecerá posibles temáticas para a unidade didáctica.
A elaboración do proxecto terá varias fases que coinciden co diseño dos elementos curriculares
dunha unidade didáctica.
Para desenvolver o proxecto o alumnado terá en conta as explicacións teóricas da profesora e o
traballo en equipo cos compañeiros donde se realizará unha retroalimentación do proceso para
correxir o antes posible os posibles erros no desenvolvemento do proxecto, e a experiencia dos
compañeiros de outros cursos o que permitirá una coavaliación do proceso.
Utilizaranse diferentes estratexias didácticas, como a gamificación, técnicas cooperativas ou a aula
invertida e recursos e materiais propios de cada disciplina. No desenvolvemento do proxecto
cumpren un papel fundamental as contornas virtuais de aprendizaxe que neste caso virán
desenvolvidas a través da plataforma (MOOVI).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000