Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación artística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avaliación a través da participación e resolución de propostas, interpretación, valoración crítica e recoñecemento de contidos propios da materia. 30 A1
B2
B3
B11
C55
C56
D1
D7
D8
D9
D14
D18
D22
Resolución de problemas Avaliación a través da entrega e exposición de exercicios.
Execución técnica adecuada de procedementos e experimentación de carácter artístico, plástico e visual.
35 B11
C55
D1
D7
D8
D14
D18
Traballo tutelado Avaliación a través da entrega, traballos prácticos, traballos teóricos e proxectos.
Execución técnica/ conceptual adecuada de procedementos e experimentación de carácter artístico, plástico e visual.
35 B3
C55
C56
D8
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado que siga a avaliación continua terá que entregar todos o traballos, exercicios e probas para ser avaliado nesta modalidade, así como cumprir coa asistencia obrigatoria.

Para superar a materia será necesario obter unha media de 5 calculando as porcentaxes detalladas en cada un dos bloques de
avaliación. É imprescindible ter un 4 como nota mínima en cada un dos bloques para que se proceda a calcular a nota media.

Os alumnos/as que non tiveran asistido ou non cubran a porcentaxe obrigatoria de asistencia durante o curso académico ordinario, deberán superar una proba de contidos teóricos que lles dará dereito á valoración do resto de entregas.

De non ter superada a materia en primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na segunda convocatoria.

O alumnado que opte pola modalidad non presencial, (avaliación global) deberá superar unha proba escrita de contidos mínimos teóricos que lle dará dereito á valoración do resto de entregas. Para coñecer o detalle dos contidos e avaliación das entregas terán que contactar, ao inicio da materia, co profesorado responsable concertando tutorías.

SEGUNDA CONVOCATORIA

No caso de alumnos/as, que aínda asistindo regularmente a clase e presentando as entregas parciais puntualmente non logren
superar a materia, deberán presentar na segunda convocatoria so aquelas entregas nas que non alcanzasen a nota mínima de 5. As notas das partes aprobadas conservaráselles durante unha convocatoria, igualmente se procederá  coas probas cos alumnos/as que presentándose a avaliación global en 1ªconvocatoria non teñan superado a materia.

As datas de exames pódense consultar na web da
facultade no apartado de organización académica
http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames/

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000