Esta materia ten como prioridade formar o alumnado para que poida desenvolver prácticas significativas ao redor da lingua galega e a súa literatura na etapa de Educación Primaria, ademais de reforzar a súa propia competencia lingüístico-literaria. Nela ofreceranse contidos, referencias científicas, liñas metodolóxicas, experiencias reais, prácticas, propostas de avaliación, recursos diversos etc. que contribúan á formación dun docente coa capacidade necesaria para afrontar o proceso de ensino-aprendizaxe desde unha perspectiva competencial, interdisciplinar e inclusiva,
sen perder de vista o vínculo co contexto social máis próximo.