A materia de Historia do Presente pretende introducir ao alumnado no estudio dos principais acontecementos e os procesos xerais de cambio e continuidade da Humanidade a partires da segunda metade do século XX e, o tempo, que se familiarice coas destrezas propias da aprendizaxe histórica, entre as que compre destacar a localización dos acontecementos no espazo e no tempo, o manexo de fontes de información, a interpretación crítica dos datos, a conciencia de que as explicacións causais son produto da interacción dun conxunto de factores diversos, capacidade de análise e síntese ou a emisión de xuízos fundamentados sobre asuntos controvertidos.