Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación: Fundamentos didácticos e organizativos do ensino
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Educación: Deseño e desenvolvemento do currículo da educación primaria/P02G120V01201
Educación: Novas tecnoloxías aplicadas á educación primaria/P02G120V01202

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Educación: Teoría e historia da educación/P02G120V01102

 
Outros comentarios
Para o aproveitamento exitoso da materia RECOMÉNDASE: A) Asistencia continua a sesións de teoría e práctica. A asistencia a clase considérase fundamental para o seguimento da materia por parte do alumnado e para a avaliación do grao de desenvolvemento das capacidades e competencias. B) As tarefas e actividades prácticas poderán abranguer varias sesións de traballo e será necesario rematar algunha fora do horario de clase. Tendo en conta que os contidos da materia son obxecto constante de opinións, comentarios, debates e decisións, dende os ámbitos político, administrativo, económico e social; sería conveniente para poder estar ao día á lectura de páxinas web do Ministerio de Educación, das comunidades autónomas e dos diferentes centros educativos da Xunta de Galicia, do Ministerio e doutras Comunidades Autónomas, así como revistas específicas de educación, organización, xestión, avaliación e calidade de institucións educativas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000